Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas Vilalba e Radio Popular

jueves, 04 de enero de 2018
Unha das primeiras leccións non escritas que recibimos os xornalistas é a de non falar de cuestións personais senón reflectir o que pasa ao arredor. Pois eu hoxe teño que romper con esa norma e falar de algo que me afecta moi directamente, para decirlle grazas a Vilalba e á emisora Radio Popular de Lugo.
Grazas Vilalba e Radio Popular
Grazas a esta emisora especialmente, porque en 1968, hai cincuenta anos, medio século, entrei a formar parte dela para ser participe da especial dimensión comunicadora, nun mundo que conquista e engancha por todos os días da nosa vida. E este longo tempo de radio lembrouse nun audiovisual, o venres pasado no Auditorio de Vilalba, con imaxes da emisora, traballo de Carmen, e as voces de Marta, Chema e Baruk. Grazas especiais aos catro.

Veuse e escoitouse este audiovisual en Vilalba, no Auditorio, no decurso dun acto que marca un absoluto antes e despois na miña vida, porque o Concello de Vilalba me entregaba a Medalla de Ouro do meu pobo natal, concedida por unanimidade dos grupos políticos que o compoñen.

Por iso o meu falar de temas persoais, e dar grazas a todos os vilalbeses… á Banda de Vilalba, dirixida por Cesar Concheiro Guerrico; á Polifónica Vilalbesa, dirixida por Uxío García Amor, e ao Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, case cen persoas no escenario… que fixeron para min do pasado venres unha xornada feliz, como moi poucas na miña vida.

Porque nin nos soños máis delirantes que tivese, podería imaxinar que os meus veciños da Porta de Cima, 52 anos despois de saír de Vilalba para Lugo me lembrasen, homenaxeasen, e pedisen para min unha distinción ao Concello; nin que o Concello de Villalba atendese a petición, e por unanimidade dos seus compoñentes -PP, Psoe, Bng e Vilalba Aberta-, concederme a Medalla de Ouro vilalbesa, unha xoia que me ruboriza ostentar, e me enche de agradecemento sen límites.

Por iso esta persoal acción de grazas a esta radio, a esta xente da radio, ao Concello de Vilalba e a todos os vilalbeses. E a pesar de que se me enche a boca cando as dou, sei que en toda a miña vida non darei agradecido abondo o que o venres experimentei, así que remato xa desexando a todos un tan bo 2018 como para os meus desexo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES