Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O lume noso de cada verán

Editorial - jueves, 02 de agosto de 2007
Case sempre, Galicia foi noticia cando se falaba de incendios forestais. Non ata agora en 2007, precisamente pola climatología reinante onde o sol en xullo mostrouse remiso en asomarse ó ceo galego.

Incendios pavorosos estes días en Canarias, con danos cuantiosos, con alarma social, con poboacións enteiras desaloxadas. Con todo o horror que aquí coñecemos tan ben.

Hai un par de semanas, nun curso sobre “Xestión de áreas incendiadas en Galicia”, celebrado na Escola Politécnica de Lugo, a historiadora Ana Cabana Iglesia buscaba a raiz dos nosos incendios na desastrosa política forestal do franquismo na que se despoxou ós paisanos dos montes comunais para neles plantar pinos. Os paisanos perderon o amor ó monte, e os incendios comezaron.

Algo deso sabemos ou intuímos. Pero se eso foi o comezo, hai case medio século, na actualidade o problema debe ser bastante máis complexo.

Ata agora a climatología estivo da nosa parte protexendo o monte, pero agora que comezou agosto non podemos seguir fiando na axuda dos elementos para que o monte non arda.

De corazón desexamos que, por esta vez, o monte se libre do lume, que as medidas previas funcionen, que os equipos contraincendios resulten plenamente operativos. Pero, sobre todo, desexamos que o sentido común se impoña entre todos nós e – por activa ou por pasiva- ninguén queime o monte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES