Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta ao Apalpador

miércoles, 03 de enero de 2018
Señor Apalpador: aproveito para saudálo desde Os Vilares de Parga, parróquia de orixe de José André Lôpez Gonçâlez, André da Ponte, que foi o encargado de recuperar a súa figura para a tradición do Nadal Galego. Agardo que leve votede ben a humidade e o frío do inverno despois de tanta seca e tanto incendio que nos deixou o pasado ano.

Como presidente dunha das numerosas asociacións do rural galego, a Lareira de soños dos Vilares, quero aproveitar para pedirlle que nos bote unha man neste ano que comenza.

A primeira e máis urxente é que as diferentes institucións se deixen de dar largas e acometan a restauración dos frescos da igrexa, do século XVI, que corren un sério risco de desaparición polo seu contínuo deterioro. Descubertas en 1992, desde aquela, as pinturas do Mestre de Parga non deixan de descompoñerse. Unha xoia renacentista que se perde sin que os responsábeis o eviten. Xa sei que hai moito patrimonio abandonado no rural, pero créame si lle digo que estas pinturas poden ser irrecuperabeis si non se reparan con urxencia.

Aproveito tamén para que interceda no acordo entre o Concello e a Comunidade de Montes para que a Casa Habanera da Conchada poda ser arreglada e posta ao servizo da parróquia como centro social de usos múltiples, coa habitabilidade e servizos de calquera centro destas características que funcionan noutras parroquias chairegas. Foi construída con cartos dos nosos emigrantes a Cuba en 1923, e sería a mellor homenaxe de cara ao seu centenário que estivera habitable e en pleno uso.

Os Vilares é a segunda parroquia de Guitiriz en habitantes e a parróquia Natal de Xosé María Díaz Castro así que ben merece algo de atención.

E para non ser pesado só unha pequena solicitude máis, que lle dea algo de axuda aos amigos de Xermolos para que a casa natal do nóso poeta sexa restaurada e se convirta na Casa da Xente. Estas tres solicitudes de concretarse, serían un motor de progreso, cultura e economía na nosa parróquia, do resto de pequenas cousas xa nos imos encargando nós día a día , pero estas que lle dixen, precisan do apoio das conciencias dos políticos (xa sei que é difícil) e da xente, algo do que vostede sabe moito e que de seguro influirá positivamente.

Sen outro particular e desexándolle un bó 2018 polos montes do Courel, reciba un abrazo desde a Terra Chá. Atentamente, Antón de Guizán.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES