Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ave, un soño

miércoles, 01 de agosto de 2007
Soñei co Ave. Xuro que é certo. No meu soño, aparecía unha autoridade populista ensinando o ben que circulaba aquel magnífico aparello, viaxando sobre unhas vías mouras, estreitiñas, que ó achegarse viñan ser uns elementos que hai anos revolucionaron as estanterías co nome de “multimueble”.

Como podía o Ave circular por semellantes elementos ensamblados, é algo que no meu soño non puiden ver. Tampouco eu nos soños son moi claro.

Preocupoume este soño no fin de semana, aló na costa coruñesa, cando nin por alí veranea esta autoridade, nin se fala do Ave e as súas vías, nin a min o tema me preocupa a cotío sendo como son automobilista vocacional desde os anos en que o automóbil propio comezou a ser o maior signo de progreso persoal.

En tempos, se eu fose “alguén”, acudiría a un augur que interpretase o soño, que algo ten que significar, e pode ser transcendente para o meu futuro.

E hai algo que me preocupa, vendo como o político en cuestión domina as técnicas de comunicación directa e a través dos medios: Será capaz de transmitirnos por soños mensaxes subliminais?. Teño que comprobar se a noite do venres algún lucense máis soñou co Ave e, se así foi, intercambiar datos sobre a experiencia vivida.

Se alguén soñou o mesmo, que o diga. Se non, seguirei preocupado polo meu soño, pensando que ó final o Ave (que seguro o verán os nosos netos), me preocupa sen que eu me dea conta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania