Construíndo o noso vivir
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de enero de 2018
A vida é un regalo que se nos dá no mesmo momento da nosa concepción.
O mellor regalo que temos, sen lugar a dúbidas; por eso:
-Conforme vai pasando o tempo.
-Conforme imos medrando.
-Conforme imos collendo autonomía persoal
Tamén imos collendo responsabilidades sobre o noso xeito de vivir.
Construímos o noso vivir a nivel persoal, a nivel familiar, a nivel veciñal, a nivel social, a nivel país, a nivel mundial...
Cada persoa explota os seus talentos de maneira moi diferente: según a súa capacidade e as súas circunstancias persoais.
No tocante ós pensionistas de hoxe en día, fomos unha xeraciónmoi sacrificada, moi loitadora, moi sufrida, moi disciplinada.
Por eso mesmo, foi a nosa xeración unha xeración de moito progreso.
A base de moito esforzo, conseguimos progreso económico, cultural e social; sen esquece-lo espiritual.
Ultimamente os tempos están cambiando e non se sabe moi ben que rumbo collerán.
Fálase moito de dereitos e pouco de deberes.
Algo falla.
Non pode haber dereitos sen deberes.
A vida hai que tomala moi en serio.
Os cidadáns de a pé imaxinábamos que o mundo seguiría progresando ó mesmo ritmo que o fixo a nosa xeración; pero non.
E así nos vai.
Se está enfermo o tecido social, á ancianidade repercútenos moi negativamente.
Sóbennos por lei o 0,25% das nosas pequenas pensións e con eso hai que amañarse.
¿Amañarse como?
Se as pensións subiran ó mesmo ritmo que o índice de prezos ó consumo, poderíamos aguantar; pero tendo cada ano menos capacidade adquisitiva e máis lonxevidade; e polo tanto- máis achaques e menos autonomía persoal
Non sei, non sei
Nestas festas nadalencas recibimos toneladas de desexos fantásticos.
Desexos cargados de boas intencións.
¡Se con tan só bos desexos se amañara o mundo..!
Moito me temo que estes desexos caducarán en canto pasen estas festas tan entrañables que tanta alegría nos dan.
Despois haberá que volver á vida real:
Haberá que adaptarse ás circunstancias disfrutando de todo o bo que nos dea a vida, e encaixando da mellor maneira posible os contratempos: haberá días para todo.
E
Se un día podemos conseguir un soño; estupendo e se non, mala sorte.
Os fracasos tamén serven para aprender.
Se non houbera fracasos tampouco habería logros.
Uns son o complememto dos outros.
E sempre, sempre,sempre
APRENDENDO A CONVIVIR.
Mentres a nosa mente funcione, temos que estar aprendendo a convivir toda a vida.
As relacións interxeracionais son fundamentais para todos porque TEMOS MOITÍSIMO QUE APRENDER UNS DOS OUTROS.
Porque:
A VIDA É TODO ESTO E MOITO MÁIS.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
E moitas grazas pola súa colaboración para que o ano entrante sexa un ano de gozo para todos.
¡Feliz ano 2018!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora