Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria contra os bárbaros

miércoles, 03 de enero de 2018
Foi noticia a semana pasada o indulto a Alberto Fujimori por parte do goberno peruano encabezado por Kucynsky. Os crimes e as barbaries deste home son de sobra coñecidos e fican ben documentados. Esta é unha historia que se repite e se espalla como unha praga polo mundo.

Di Ismael Serrano "ahora mueren en Bosnia los que morían en Vietnam", nos seus concertos engade un novo verso que di "los que morían en Bosnia ahora mueren en Bagdad". Semella que a historia teima máis en mudar a barbarie de sitio que en erradicala. Deste xeito no mundo de hoxe podemos recoñecer distintas zonas en conflito.

O problema é que sempre hai quen apoie aos bárbaros xustificando as súas atrocidades. Ideoloxicamente non sabemos defenestrar aos afíns que exercen o poder autoritariamente. A primeira ideoloxía debe estar ancorada nos dereitos humanos, todo o que se saia de aí remata sendo nocivo para o pobo. A democracia non pode sustentarse en personalismos nin promover a política como un xeito de sacrificio. Quen chega democraticamente ten que asumir o seu papel sen vender unha idea falsa da vocación de servizo na que, en vez de actuar como servidor, esixe servilismo. A democracia necesita curarse destes males para medrar forte e desterrar ideoloxías retrógradas.

Como medra forte unha democracia? en primeiro lugar sen negar o pasado e promovendo tanto a restauración moral das vítimas como o seu estudo pormenorizado. En segundo lugar temos que educar criticamente promover a investigación e a transformación do coñecemento dende idades temperás; isto implica un estudo crítico da historia dende unha perspectiva múltiple que contribúa ao alumnado a unha composición da realidade e a súa tradución nunha ética colectiva. A ética colectiva implica non só a práctica diaria de cada valor senón tamén unha actuación dende ese valor contra os seus antivalores. Polo tanto ser demócrata implica colaborar na restitución moral daqueles que sufriron as garras do autoritarismo por defender a democracia.

Aínda que todos estes ditadores morran na cama, a memoria debe gardalos como o que son: bárbaros que a historia non pode repetir. Deste xeito se morren na cama é froito da dignidade democrática que eles non tiveron, é froito de que esa dignidade non se pode permitir o luxo do talión pero tampouco se pode permitir o luxo de evitar que a xustiza histórica os eternice como o que son: bárbaros sen conciencia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES