O calendario marca vacacións
Editorial - miércoles, 01 de agosto de 2007
Hoxe, un de agosto, entra o país nunha especie de catalepsia que non rematará ata que chegue setembro.
Oficinas públicas ou privadas, empresas, despachos, profesionais
todos entenden entendemos- que o mes de agosto non é habil, nin siquiera no mundo xudicial.
Parece o máis práctico, para non ter que andar outros meses a medio rendemento, volcar no mes de agosto tódalas ansias festeiras e pechar todo aquelo que permite un baleiro de actividade.
Esto trae consigo ese éxodo anunciado, con millóns de desprazamentos polas estradas e os conseguintes resultados luctuosos, porque para que as vacacións sexan completas cómpre cambiar de hábitos vitais de xeito radical: os do interior, hacia as zonas costeiras, e os das zonas costeiras hacia a montaña.
Mesmo ten que os alugueres de vivendas temporais se teñan posto polas nubes, os combustibles non deixen de subir, e a hostalería aplique precios plenamente rendibles, que como se fose unha obriga á vez que un disfrute este periodo que hoxe comeza é irrenunciable e a el imos adicarnos con fruición.
Nós, non pechamos, conscientes da nosa obriga de estar presentes na súa pantalla no lugar de vacación ou no habitual de traballo e residencia. Porque sabemos que formamos parte do seu mundo, mundo que abre as vintecatro horas do día, que mesmo en vacacións ás veces, especialmente en vacacións podemos serlle útiles.
Se o calendario marca vacacións, que sexan felices para os que as disfruten. Se ese mesmo calendario impón outras situacións, que todo vaia ben. Que cada un de nós poida facer e disfrutar- o seu agosto particular.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora