Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morre 'A Pipa'

viernes, 29 de diciembre de 2017
Cada vez que se abre unha fiestra cultural, é un sinal de vida e de progreso, do mesmo xeito que cando unha iniciativa cultural morre, é un sinal de pobreza, de atraso, de paso atrás. Algo así ven de ocorrer en Becerreá, se efectivamente se confirma a morte de A Pipa, despois de vinteseis anos de existencia.

Souben ao comezo dos anos noventa, dunha ainiciativa nun concello da montaña lucense, Becerreá, onde uns mozos capitaneados por Alfonso Becerra, un rapaciño daquela, con inquedanzas culturais especialmente centradas no teatro, que organizaban anualmente unha noite poética, despois de convocar cadanseu concurso de poesía, entregando os premios nesa noite coa participación e respaldo de escritores galegos consagrados.

Aínda vivindo e traballando fóra de Becerreá, Alfonso Becerra, cun grupo de rapaces daquel concello, seguíu ano tras ano organizando, pedindo nas institucións, convocando o certame, contactando con escritores, desenvolvendo un labor de impulsión cultural no rural, sempre máis complexo que en calquera cidade.

E pasaron vinteseis anos, e o mundo deu moitas voltas en este tempo, de xeito que os organizadores cansan, as axudas sufriron recortes brutais coa malfadada crise que segue apretándonos, as administracións complican cada vez máis a solicitude de subvencións, concesión e xustificación, de maneira que ás veces as asociacións culturais deciden non concorrer ás convocatorias de axudas polas dificultades que plantean, entre as que destaca que se se plantea un orzamento determinado, e sobre el se concede una axuda minima, a asociación ten que xustificar o investimento orixinal, e ás veces resulta imposible.

En definitiva, que A Pipa, morre despois de vinteseis anos de vida potente e incisiva no mundo das letras, aínda que ocorrira como case sempre que a iniciativa, o traballo, a participación, corresponde a unha minoría preocupada dentro dunha poboación que pasa do que acontece no seu seo, pero con eso xa contamos a priori no mundo da cultura, porque parece o signo dos tempos.

Dóeme, e doe a todos os que tiveron algunha relación con esta iniciativa, que A Pipa morra, e con ela un certame literario e unha noite poética. É unha mala noticia, sinal de pobreza, de atraso, de paso atrás.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania