9 cuartetas sinxelas para Miro Casabella
Fernández Abella, Xoán Xosé - viernes, 29 de diciembre de 2017
Ferreira do Valadouro,
moito te podes gabar
por ter un cantor de ouro
nacido no teu fogar.
El é Miro Casabella,
dono dunha voz fermosa,
voz sublime, voz que artella
a vivencia máis ditosa.
Con guitarra, arpa ou zanfona,
seus principais instrumentos,
e cunha voz que emociona,
gaña admiracións a centos.
Canta cancións medievais,
do Cancioneiro as máis belas,
e canta cancións sociais,
sendo autor de moitas delas.
No seu viaxar incontable
-Galiza no corazón-
a súa defensa é incansable
a prol da nosa Nación.
E cos mellores cantores,
sempre irmandado na loita,
triunfos arrebatadores.
Que a liberdade se escoita!
De "Voces ceibes" cantor
e a "Nova canción galega",
es de "O meu pais" honor,
que a arte máis alta achega.
Na merecida homenaxe
que che brinda o Valadouro
eu son un humilde paxe
cantando a túa voz de ouro.
E quero, en fin, rematar
este sentido poema
cun loor ó teu cantar
e á túa humildade suprema.
(Os Tilos, 23/Xuño/2014)
(Leído polo autor, Xoán Xosé Fernández Abella, en Vilalba, no acto no que MIRO CASABELLA e QUINTAS CANELLA foron nomeados CHAIREGOS DE HONRA).

Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora