Xente na que confiamos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de diciembre de 2017
Confiar na xente a veces parece difícil; pero non queda outra: HAI QUE CONFIAR
-Temos que confiar uns nos outros; se non: mal vamos.
¿Imaxínase como sería o mundo se tiveramos que levar cámaras de vixiancia incorpradas na nosa vestimenta?
-TEMOS QUE CONFIAR NA FAMILIA, sexa esta do tipo que sexa; porque a fin de contas a familia é a base da sociedade.
Unha unidade familiar onde reine o amor e o respecto; sempre será un bo piar para a fortaleza social.
-TEMOS QUE CONFIAR NOS DISTINTOS PROFESIONAIS.
Elixir os mellores, tamén porque irresponsables hainos en todas partes.
Pero tamén hai persoas excelentes que desenrolan maxistralmente a súa profesión.
Eses compensan os fallos doutros.
-TEMOS QUE CONFIAR NAS INSTITUCIÓNS.
¿Se non confiamos na Educación, a onde imos?
Se nos confiamos na Sanidade
¿Quen curará os nosos males?
Se non confiamos na Política
¿Quen gobernará o mundo?
-TEMOS QUE CONFIAR NA RELIXIÓN QUE CADAQUÉN PROFESE.
Tódalas relixións alimentan a nosa vida espiritual aínda que esta sexa todo un misterio; pero os misterios tamén existen.
A fe move montañas.
Sempre axuda, pero hai momentos na vida nos que é unha ferramenta de moitísima utilidade.
TEMOS QUE CONFIAR NA XENTE NOVA
Temos que confiar e confiamos.
Confiamos na xente nova porque a xuventude é unha etapa da vida:
-Chea de vitalidade.
-Chea de vigor.
-Chea de fortaleza.
¿E por que non dicilo?
-Chea de boas intencións, que vai encamiñadacara a un futuro prometedor.
Posiblemente un mundo ben diferente ó noso; pero
¿NON CONSTRUÍMOS NÓS UN MUNDO BEN DIFERENTE Ó DOS NOSOS AVÓS?
¿Qué pensarían se agora levantaran a cabeza?
Ou
¿Quen pode demostrar que non están vendo os nosos progresos desde outra dimensión?
Eso afírmao a Igrexa Católioca.
A min paréceme que é verdade.
Eu téñoo moi claro.
Non llo podo demostrar a ninguén; pero tampouco ninguén pode demostrarme o conrario.
É cuestión de crer ou non crer.
A min funcióname.
¡Alá cadaquén!
NON NOS IMPORTE SE NON ENTENDEMOS MOI BEN Á XENTE NOVA; tampouco nos entenderon a nós os nosos avós.
Non nos entendían porque tiñan outros coñecementos ben diferentes; pero a verdade é que nos últimos anos mellorou moito a calidade de vida.
E seguirá mellorando grazas precisamente- ó pulo da xente nova.
¡Só faltaría!
De xeración en xeración dáse un salto máis ou menos grande, porque neso consiste a evolución.
A xuventude de hoxe en día salvo raras excepcións- é unha xuventude moi ben preparada, moi sincera, moi sa, moi responsable.
A min: ¡encántame!
Sabe que se enfronta agrandes retos, porque a vida sempre foi difícil e cada día máis
Agora imos emprender un novo ano cheo de esperanzas e bos desexos.
SE ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ASÍ SERÁ: OS NOSOS PENSAMENTOS TRANSFORMARANSE EN PALABRAS E ESTAS, EN FEITOS.
Así imos construíndo o noso vivir de cada día.
CONSTRUÍNDO O NOSO VIVIR
Este será o título do seguinte artigo, porque PASE O QUE PASE- a vida segue.
¡FELIZ ANO!
Moitas grazas pola súa confianza á hora de ler estas reflexións e terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora