Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iberia, tarde o que tarde

lunes, 30 de julio de 2007
Iberia é un soño. Ou un imposible. Mencionouno Saramago e abriu a caixa dos tronos, especialmente en Portugal.

Quizais Saramago se ve obrigado moralmente a xuntar o seu Portugal nativo coa España na que vive e na que tan boa acollida ten a súa obra. Pero hai que recoñecer que o que en tempos estivo unido, como aínda lembran imborrables vencellos, pode xuntarse de novo nun tempo no que as nacións se ven diluidas en algúns temas en beneficio de organismos e entidades supranacionais.

Que lonxe aquel Portugal con fronteiras pechadas a cal e cando hacia España, en tempos inimiga!. Que perto este Portugal, coa mesma lingua, o mesmo clima, e a evidente identidade entre as xentes dun e doutro lado.

Iberia, por agora, é un soño. Pero se a peseta e o escudo desapareceron no mar do euro, moitas outras cousas poden fundirse no futuro para formar unidades novas.

Non fai falla ir tan lonxe, pero é singular argumento, lembrar o idioma galego-portugués, en tempos o idioma da cultura e da poesía da Península Ibérica.

Se a natureza nos fixo unha península que os mapas do franquismo medio presentaban como España toda ela, se estamos nun tempo en que máis se valora o local dentro do conxunto mundial, Iberia é un futurible.

Sen esquecer que se en algún momento España e Portugal estreitan máis as súas relacións, Galicia ha ser o natural punto de unión, como elemento participante das dúas sensibilidades. Madrid e Lisboa terán o seu natural papel. Pero Galicia será o punto centro (tarde o que tarde) da Iberia futura.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES