Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen busca tesouros e elixires

miércoles, 27 de diciembre de 2017
Hai algúns meses contei aquí como caeu nas miñas mans un pasquín que prometía remediar todos os meus males a un módico prezo. Parvo de min decidín ficar como estaba e non aventurarme, se cadra hoxe podía ser un home de éxito con beleza sen igual viaxando polo mundo pero ter os pés na terra líbrate de males maiores…

Vén isto ao caso porque esta semana deume por volver ler a historia de San Cipriano de Antioquía, o coñecido como Ciprianillo que deixou escrito un grimorio para facer rico a quen o soubera ler. Non hai constancia de tal riqueza senón que algunhas fontes mesmo apuntan a que levou a moitas familias á ruína no século XIX cando se empezou a difundir en Compostela. A vida do citado Santo non parece moi santa que se diga e dende logo eticamente dista moito da exemplaridade.

Dito todo isto o problema non é nin o libro nin o santo nin a xente arruinada naquela época. O problema é exactamente o mesmo, que doutra maneira, segue habendo hoxe en día: xente que busca diñeiro fácil e teima en vivir sen esforzo. Ás veces aproveitándose do lombo alleo dun xeito inmoral…

Podemos dicir que hai Ciprianillos modernos que debemos erradicar, para iso necesitamos educar na cultura do esforzo, da loita, da ética. Educar na construción do porvir lenta e continua que nos dá o froito que sexamos capaces de sementar sen agarrarmos a panaceas que nin existen nin existirán nunca.

Quenes son os Ciprianillos de hoxe en día? Aqueles que tentan lucrarse da desgraza allea, aqueles que explotan traballadores pagándolles unha miseria e prometendo o que nunca cumpren ou os que aproveitan o mal alleo para promover sacrificios (maiormente económicos) á procura de supostos milagres que nunca chegan. En fin... se cadra aínda non avanzamos o suficiente..

O único que pode acabar con isto, como xa dixen antes, é a educación. Unha educación que traia unha ética nova que nos impulse a vivir e a construír felicidade nos límites impostos pola nosa condición humana. Sen milagres, grimorios nin elixires, sabendo que o único que fai feitos prodixiosos é o ser humano, que tirando do carro da intrahistoria vai legando un mundo mellor.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES