Dende Lóuzara, dende o val,
dende o fermoso val
chegounos o poeta, o home.
A poesía do muiñeiro,
non sen rumbo,
ú-lo faro do fareiro?
Alí está a túa luz,
o teu rumbo.
Coa luz da torre
esquece doenza e as quenllas,
esquece a bremanza e a anguria.
Mais lembra
coa luz do faro
o riso das pastoras,
lembra o mar e as ondas meigas,
non a orfandade da terra.
A pastora, a pastoriña
era Irene?
Irene é.
Quen fose un año,
pastoriña!
Un año mansiño,
para gardar ese amor,
esa compaña divina.
Dende Lóuzara, dese val,
dese fermoso val,
marchou un poeta cara o mar.