Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canarias, no Camiño a Compostela

jueves, 21 de diciembre de 2017
En tempos, en Galicia e España tiñamos un só Camiño de Santiago, chamado Camiño Francés por ter a súa orixe no veciño país, que pasando por Roncesvalles cruzaba o norte da península ata chegar a Galicia, onde tiña un percorrido xa milenario para chegar a Compostela, e visitar na Catedral a tumba do Apóstolo.

E houbo que redescubrir este Camiño porque as peregrinacións esmoreceran sendo só un recordo a comezo dos anos sesenta. E despois de revitalízalo, descubrimos o Camiño Primitivo, que foi o primeiro, e pasa por Lugo, e o Camiño do Norte, e o Portugués, e o da Prata, e o dos Ingleses, e o Camiño de Inverno, chegando a decirse que hai tantos camiños como peregrinos, porque cada peregrino está facendo Camiño.

Pois hoxe, no vello cárcere, un lucense que vive “as canarias” presenta un libro singular: “Ventayga, el enigma del nemeth”, que pescuda nas raíces da tradición santiaguesa nas Illas Afortunadas, tendo como singular elemento inicial o grupo escultórico de Santiago existente na igrexa canaria de Tunte.

O autor, José Manuel Espiño Meilán, é profesor, ecoloxista e escritor, do que digo que “vive as Canarias” porque todas as súas obras, e leva catro, teñen como esencia a natureza daquelas illas, restos quizais dun continente sumerxido – hai quen fala da Atlántida- que o autor ten investigado, percorrido, asumido e amado, sendo destacado coñecedor e defensor dunha terra á que o clima mimou, a natureza colmou de virtudes e riqueza, e da que é consciente loitador para que as pacíficas invasións de turistas, e o progreso industrial –ámbalas dúas realidades necesarias e benéficas na xusta medida- non provoquen danos irreversibles.

Galego en Canarias, fervoroso defensor da natureza, da cultura, da transmisión das riquezas que posuimos ás futuras xeneracións, presenta nesta obra unha ficción magnífica arredor do feito da devoción santiagueira, para evidenciar que os camiños a Compostela non son só pola terra como os que coñecemos, ou polo ceo, co regueiro de estrelas da Vía Lactea, senón tamén polo mar que nos separa e une coas Illas Canarias.

Hoxe, no Vello Cárcere de Lugo, singular visión dun Camiño de Santiago diferente, que se a fe move montañas, tamén xunta terras e xentes físicamente moi distantes, e úneas con fíos invisibles imposibles de romper.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania