Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As fugas de Cunqueiro

lunes, 25 de diciembre de 2017
José Landeira Yrago, escritor e xornalista, redactor-xefe do Faro de Vigo, e amigo íntimo do mindoniense, cando éste en 1965 accede á dirección, Landeira pasa a subdirector ás ordes daquél. Ó producirse a marcha de Cunqueiro do Faro (1970) négase a sustituilo na dirección.

Mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do vetusto xornal, no que permañeceu ata a xubilación. Á súa morte (1995) deixou unha ducia de libros publicados e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografados), inéditos, referidos á personalidade do autor de “Merlín e familia”, dende unha óptica que non é coñecida do gran público.

“Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o neto Renato, abogado e xornalista, dispón das notas do avó que ordea e actualiza “en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista” editándose co devandito título.

Foron cinco anos de obra conxunta Landeira-Cunqueiro; Cunqueiro-Landeira no Faro, de traballo diario, pero tamén moito de fugas. A obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, de xuizos literarios e reflexión amena sobre a súa vida, preñada de anécdotas; a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ó tempo que debuxa as peripecias dun escritor obrigado a exercer o traballo de periodista como medio de vida. Trátase do Cunqueiro mais humán, mais amigo dos seus amigos, mais creativo e mais inconformista…

Na Redacción de “La Voz de España”, onde Cunqueiro escribía a sección “Verbas”, entrou nunha ocasión o redactor-xefe cunha fotografía na man, preguntando quén sabía inglés para traducir o pé da mesma. O único que dixo saber o idioma foi don Alvaro. Traduciu o pé sen a menor dificultade. Dias despois ocurríu o mesmo con outra foto da mesma axencia, cuxo pé tradicíu nun santiamén. Unha vez publicados, o representante da axencia fixo saber á redacción que os textos dos pés, supostamente traducidos, nada tiñan que ver co asunto das fotografías. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un compañeiro redactor quixo comprobalo: recortou unha crónica dun xornal inglés e, de parte do director, pediulle ao mindoniense que o traducise. Éste, sen inmutarse, negouse. ”Eu viñen eiquí, dixo, como redactor; se queredes tamén que faga de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo…”

En 1940 cando Manuel Halcón, gran amigo de Cunqueiro, xa non dirixía o ABC, recibiu dende Mondoñedo unha carta déste con data 11-12-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte, en la D. G. de S., pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES