Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Construíndo Comunidade en Guitiriz

lunes, 25 de diciembre de 2017
Hoxe, día 20 de decembro do ano 2017, reúnense en Guitiriz as aulas da UNED SÉNIOR GALICIA RURAL de PADERNE, MOMÁN e GUITIRIZ.
Unha xuntanza máis para construír comunidade no rural galego aportando cada membro algo que enriquece a toda a comunidade.
Construíndo Comunidade en Guitiriz
¿Qué aportamos?:
En primeiro lugar aportamos a nosa presenza. Aporta-la nosa presenza xa supón saír de nós memos para encontrarnos cos outros.
Este saír de nós memos significa apertura, ganas de saír da casa, ganas de convivir cos outros, ganas de estar aí...
Neste caso, hoxe estamos na Universidade de Educación Nacional a Distancia na modalidade Sénior, en Guitiriz, na provincia de Lugo.
Como alumnado desta Universidade enriquecémonos aprendendo aquelo que máis nos gusta a cada persoa.
Unhas persoas optan por aprender algo de informática para irse acomodando a unha nova maneira de comunicarse e de ve-la vida.
Outras optan por manterense en forma a través da actividade física a través da música.
A outras interésalles adquirir algún coñecementos de medicina que poidan axudarlles a levar unha mellor calidade de vida.
Outras optan por viaxar e coñecer “in situ” lugares de interese cultural, económico, gastronómico, histórico e paisaxistico de Galicia.
Outras disfrutan aprendendo música e deleitando ó resto co seu máis ou menos amplo repertorio de música popular.
Outros compran o paquete enteiro.
Todas estas disciplinas axúdannos a enriquecernos cultural e socialmente.
Adquirindo información temos mais razóns para dá-la nosa opinión.
Eso tamén conta; porque; O QUE CARECE DE INFORMACIÓN, CARECE DE OPINIÓN.
Construíndo Comunidade en Guitiriz
Pero a nosa relación social ofrécenos a posibilidade de facer comunidade.
CONSTRUÍR COMUNIDADE É SUMAMENTE IMPORTANTE.
Tan importante que nos identifica como pobo con personalidade propia.
Expresámonos na mesma lingua, o sinal de identidade por excelencia.
Compartimos a mesma gastronomía.
A gastronomía galega é moi rica e variada porque temos productos de primeirísima calidade.
Compartimos mesa e mantel; pero tamén conversación.
A CONVERSACIÓN É UNHA DAS PRIMEIRAS NECESIDADES QUE TEMOS OS SERES HUMANOS PORQUE SOMOS SOCIABLES POR NATUREZA.
Desafortunadamente, debido ó despoboamente do rural galego, moitas persoas séntense moi soas por non ter con quen conversar.
Na UNED Sénior GALICIA RURAL, temos un espazo onde expoñer as nosas opinións ó tempo que nos enriquecemos coas das outras persoas.
Neste espazo que nos ofrece a UNED Sénior Galicia Rural sentímonos arroupados e acollidos.
Esto tamén é de agradecer.
Ademais de todo esto, somos amantes da festa.
Somos amantes da música galega: a nosa gaita fai vibrar as nosas entrañas en canto esta empeza a sonar.
Os gaiteiros, as pandeireteiras, os saxofonistas, os acordeonistas, os bombeiros e algúns máis; sabiamente conducidos polo noso benquerido Profesor, xa logo formamos unha pequena orquestra.
Para nós é a nosa gran orquestra, a nosa querida orquestra, a que máis nos fai disfrutar e a que menos nos costa: para nós é a mellor do mundo.
As aportacións escritas polo alumnado sempre animan, entreteñen e informan.
Son un bo complemento que non pode faltar.
Eso si, non se poden esquecer as preciosas cancións que nos ofrece o amigo Amador: un auténtico artista.
Se a todo esto lle sumamos as aportacións de diferentes ponentes e unha gran dose de harmonía…
E despois: amasamos todo ben amasadiño na atesa de UNED Sénior GALICIA RURAL: producimos un pan exquisito.
O pan que nos hontramos en compartir acompañados sempre do noso Coordinador.
Este é o noso sencillo, xeitoso e garimoso xeito de construír comunidade: A COMUNIDADE RURAL GALEGA.
¡Por moitos anos!
¡Moitas grazas!

Alumna da UNED Sénior en PADERNE (A Corña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES