Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lotaría no Nadal

jueves, 21 de diciembre de 2017
Hai xa tempo en Lugo había un comercio de alto nivel que animaba a practicar “a elegancia social do agasallo”, en épocas nas que as ventas reflectían as mellores cifras do ano. Pois agora toca a “elegancia social” da lotaría do Nadal.

A lotaría presenta as súas mellores cifras do ano co sorteo do Nadal, no que xa resulta obrigado que todos participemos, por rutina ou fe na sorte, pero sobre todo polo beneficio da Facenda nacional que é a maior destinataria do diñeiro que se xoga.

En agosto, nos lugares de veraneo, xa se vende lotaría de Nadal para que os veraneantes a leven aos seus lugares de procedencia; as empresas xogan e fan participes aos seus clientes, as entidades benéficas e asociativas confeccionan participacións con recargo a beneficio dos seus fins… e a lotaría foi medrando como unha bola de neve, de xeito que por activa ou por pasiva imos conseguindo ducias de participacións nun sorteo que se nos vende como ponla principal da gran árbore do Nadal, dándonos a entender que sen lotaría non hai Nadal.

O certo é que hai sorteos cada poucos días, pero neses sorteos de entre semana ou de diario só participan os autenticos devotos dos xogos de azar, os que confían en que a sorte normalmente esquiva lles sexa propicia algunha vez. E aos que participamos no sorteo do Nadal por obrigación, vennos sendo doado sustraernos a esa tentación, porque non temos a presión social, comercial, que nos force a mercar un pasaporte á fortuna.

Pero no Nadal todo se concita na nosa contra. As ofertas son directas, agresivas, compulsivas… vendedores ambulantes, Cruz Bermella, administracións de lotaría, son lugares e ocasións difíciles de esquivar. Máis aínda: as administracións de lotaría, estes tempos, teñen cola para poder adquirir billetes, como se fose un produto escaso do que abastecerse para tempos de dificultade.

Eu voume resistindo ata última hora, pero de hoxe non pasa en adquirir –cada vez menos, é verdade- lotaría de Nadal, para repartir entre a familia, compensar doazóns, con fatalismo, sen ilusión ningunha. Pero non hai nada que facer. A ilusión póñena todos os demais, así que a comprar lotaría, que o 22 sortéase, e non se pode quedar mal cos que agardan de nós unha participación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES