Nos 110 anos do Himno Galego
Xunta de Galicia - miércoles, 20 de diciembre de 2017
A Xunta de Galicia súmase á celebración do cento dez aniversario do Himno Galego, interpretado por vez primeira nas terras da emigración habaneira, orixe así mesmo doutros destacados símbolos do noso pobo, como a súa bandeira ou sociedade promotora da Academia Galega.
O noso himno resoou por vez primeira no Teatro do Centro Gallego da Habana o 20 de decembro de 1907, data na que a comunidade galega en Cuba homenaxeou a Pascual Veiga, autor da música que acompañou o poema Os pinos de Eduardo Pondal, convertido a partir de entón en emblemática letra do noso canto comunal.
Dende aquela xornada ata a actualidade, todas as galegas e galegos teñen no himno un símbolo do seu vencello coa comunidade, que espella nos seus sons e versos a querenza pola Terra, a adhesión ao idioma a pertenza ao noso pobo. Por iso, neste cento dez aniversario, a Xunta de Galicia quere lembrar tan sinalada efeméride e congratularse pola conmemoración deste relevante episodio para a Historia de noso.

Xunta de Galicia
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora