O dereito a ignorar e o dereito ao segredo
Santalla, Iago - miércoles, 20 de diciembre de 2017
Veño de ver a última longametraxe de Álex de la Iglesia, Perfectos desconocidos onde, nunha cea de amigos deciden poñer os móbiles enriba da mesa e ler e escoitar en grupo todo o que reciban.
Fíxome lembrar un documental que vin hai pouco sobre intelixencia artificial no que se dicía que estamos preto de poder ler o pensamento. O documental era consciente dos problemas políticos, persoais e morais que pode traer este avance e a necesidade de limitalo legalmente. Dende logo, saber todo dunha persoa cunha simple mirada sería algo así como andar espidos pola rúa...
De novo volvín á fiestra de Johari (Luft e Ingham 1969) que distribúe en catro áreas a información que unha persoa desprende de si:
1. Pública. Sei e saben.
2. Privada. Sei e non saben.
3. Cega. Non sei e saben
4. .Descoñecida. Nin sei nin saben
Sempre considerei que un bo autocoñecemento pode reducir ao mínimo e incluso eliminar ás áreas 3 e 4 pero agora teño o seguinte dilema: se cadra hai cousas que é mellor non saber nin de nós nin dos outros. Hai pensamentos que nacen libres en nós e decidimos gardalos piadosamente nas gabetas da conciencia para non provocar dor. Coido que ningunha tecnoloxía ten dereito a espoliarnos unhas gabetas que permaneceron inaccesibles ás ditaduras máis crueis. Polo tanto a ignorancia, ás veces, é un bálsamo que facilita a vida.
Lembro, entre as coplas dos meus avós unha que di:
El secreto de tu cuerpo
no se lo cuentes a nadie:
hoy es tu amigo
y mañana les sirve de testigo
Ten dereito a ciencia /ou a tecnoloxía) a roubarnos os nosos segredos ou a obrigarnos a saber aquilo que o amor nos oculta piadosamente?

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora