Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (II)

viernes, 20 de julio de 2007
Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (II) Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (II) Autores: Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado.

O resto do fuste está ornamentado en seis cruceiros polos instrumentos da paixón en relevo. A súa colocación nunha orde descendente é variable segundo facemos constar a continuación:
1. Cruceiro de Bullas (Arcos): Cara W. Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha lanza e unha escaleira de dez banzos.
2. Cruceiro da igrexa (Arcos): Cara NE. Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, un látego, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
3. Cruceiro de Santa Comba (Aspai): Cara Sur. Unha columna, tres cravos, unha espada, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de dez banzos.
4. Cruceiro de Meidonín (Cela): Cara Sur. Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, un látego, unha lanza e unha escaleira de nove banzos.
5. Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso): Cara SE. Unhas tenaces, un martelo, unha escaleira de sete banzos e un látego.
6. Cruceiro da Lama (Gaioso): Cara Sur. Unhas tenaces, un martelo e unha escaleira de cinco banzos.
Por outra banda, o fuste amosa unha inscrición en tres cruceiros (14).

A. Cruceiro do Cemiterio (Candai): Nunha peza de mármore da Cara Leste, lese a seguinte inscrición: “CAIDOS/ POR DIOS Y / POR ESPAÑA /ANTONIO NÚ ÑEZ CASTRO / ANTONIO / SÁNCHEZ ROIBAS / ANTONIO / ROIBAS ROCA / RICARDO MEILÁN PENA/ JOSÉ / GONZÁLEZ NOVO / JESÚS / CARREIRA GONZÁLEZ / ANTONIO / CARREIRA GONZÁLEZ / JESÚS / FRAGA FRANCO / QUE DIOS / ACEPTE VUESTRO SACRIFICIO”.
B. Cruceiro de Meidonín (Cela): Na Cara Sur, no extremo inferior lese a seguinte inscrición: “ANO / DE / 1885”.
C. Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso): Na Cara SE., do extremo superior lese a inscrición do número “34”.
Na Cara SE., da parte inferior lese o ano no que foi construido o Cruceiro: “ANO / DE / 1900”.
D. Cruceiro do San Marcos (Taboi): Na parte inferior lese a seguinte inscrición: 1ª Cara: ANO 1816. 2ª Cara: JULº PEZ.
E. Cruceiro de Vicinte (Vicinte).
Na Cara Leste, do extremo inferior lese nunha placa de mármore a seguinte inscrición: “RECUERDO DEL ILMO. SR / D. JOSÉ FERREIRO / GAYOSO / CANÓNIGO DE LA SANTA IGLESIA / CATEDRAL B. DE LUGO”.

4. O capitel amosa formas variadas:
4.1. De forma troncopiramidal invertida en dez cruceiros (15).
4.2. De forma troncocónica invertida no cruceiro de Caboi (Caboi).
4.3. Capitel con ábaco e equino no cruceiro da igrexa de Martul (Martul).
4.4. Sen capitel en tres cruceiros e dúas cruces (16).
4.5. Capitel moldurado en seis cruceiros (17).

Con respecto á decoración este elemento artístico mostra diferentes temas:
1. Querubíns e volutas en cinco cruceiros (18).
2. Querubíns no cruceiro de Vicinte (Vicinte).
3. Follas de acanto no cruceiro de Caboi.
4. Follas de acanto, vieiras e volutas no cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
5. Collarino na parte inferior do cruceiro de Caboi (Caboi).
6. Cordón de hábito, funículo, querubín e volutas no cruceiro do Campo da Feira (Gaioso).

Así mesmo, o capitel presenta unha inscrición nos cruceiros seguintes:
1. Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso): Na parte superior hai unha inscrición ilexible que pode referirse aos santos que están xunto ao Cristo.
2. Cruceiro do S. Martiño (Guillar): No capitel lese a data na que foi construido este cruceiro: “AÑO DE / 1840”.
3. Cruceiro de Vilela Grande (Vilela): Na Cara W, lese a seguinte inscrición. “AÑO 1982”.

5. A cruz amosa as seguintes formas na súa sección:
5.1. Sección cuadrangular nos seus extremos e coas arestas rebaixadas no resto en oito cruceiros e unha cruz (19).
5.2. Sección cuadrangular en sete cruceiros e unha cruz (20).
5.3. Sección cilíndrica nos cruceiros de Caboi (Caboi), do Campo da Feira (Gaioso) e o de Vilela Grande (Vilela).

Asi mesmo mostra tres remates:
1. Cruz florenzada en seis cruceiros (21).
2. Cruz potenzada no cruceiro do San Martiño (Guillar) e na cruz da Reboreda (Francos).
3. Cruz cuadrangular en oito cruceiros e unha cruz (22).

En canto a súa ornamentación podemos facer alusión aos seguintes trazos:
1. Cruz provista dunha pequena roseta inscrita nun círculo no cruceiro de San Martiño (Guillar).
2. Rosetas gravadas na cruz no cruceiro de Bravos (Vicinte).
3. Cruz con cartela en sete cruceiros (23).

Por outra banda, no anverso da cruz aparece a efixie de Cristo en doce cruceiros (24).
Presenta os seguintes trazos:
A. A cabeza inclinada ao lado dereito en nove cruceiros (25).
B. As mans abertas en dez cruceiros (26).
C. O perizoma anoado ao lado dereito en oito cruceiros (27).
D. O pé dereito sobre o esquerdo en tres cruceiros (28).
E. O pé esquerdo sobre o dereito no cruceiro da Lama (Gaioso).
F. Pé dereito sobre o esquerdo e ámbolos dous sobre unha caveira
en catro cruceiros (29).
G. Pé dereito sobre o esquerdo e ámbolos dous sobre unha santiña no cruceiro do Campo da Feira (Gaioso).
H. Os pés paralelos nos cruceiros de Quintián (Cela) e Bravos (Vicinte).
I. A efixie de Cristo franqueada por un santiño ou dous nos cruceiros de Meidonín (Cela) -santo de xeonllos-. Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso) -dous santiños de pé-.
J. Unha cartela en oito cruceiros (30).
As pernas flexionadas en sete cruceiros.
K. Os seus brazos extendidos ao longo da cruz dun xeito horizonal nos cruceiros de Quintián (Cela) e Bravos (Vicinte).
L. Os seus brazos extendidos ao longo da cruz en forma de lixeira "V" en sete cruceiros (31).
LL. As súas costelas máis resaltadas en catro cruceiros (32).

Pola contra, no reverso mostrase a efixie da Virxe en dez cruceiros (33).
Amosa os seguintes trazos:
A. Mostrase como Piedade nos cruceiros do Campo da Feira (Gaioso) e de Gondai (Parada).
B. Está situada por riba dunha peana nos cruceiros de Bullas (Arcos), da igrexa (Arcos), de Santa Comba (Aspai) y de Vilela Grande (Vilela).
C. Está colocada sobre unha media lúa no cruceiro de Meidonín (Cela).

Tanto no anverso como no reverso atópanse efixies talladas na propia peza nos cruceiros de Quintián (Cela) e Bravos (Vicinte), que son cruceiros que amosan certas semellanzas nos seus elementos artísticos.

Por outra banda, neste concello houbo varios cambios de emprazamento de cruceiros (34). Asi mesmo, constatamos que na década dos oitenta do último século houbo varias restauracións de cruceiros:
1.- Cruceiro do S. Martiño (Guillar). Canteiro. Juan Abad de Gaioso. Ano. 1988.
2.- Cruceiro da igrexa (Martul). Canteiro de Lugo: Manuel Baamonde. Ademais, na súa restauración interviron veciños da parroquia. Ano. Finais da década dos oitenta do século pasado.
3.- Cruceiro do S. Marcos (Taboi). Canteiro. Darío Rozas González. Ano. 1989.

Finalmente, neste concello, puidemos constatar dous feitos que acaeceron noutrora e que estaban vencellados aos cruceiros.
Un deles, fai referencia a como nos cruceiros de Quintián (Cela) e Matela, enterraban ao morrer a algúns meniños, que non foran bautizados.
O segundo alude a como o día do patron-a das respectivas parroquias as procesións daban a volta ao carón dos cruceiros. É o caso, por exemplo, da imaxe do Perpetuo Socorro con respecto ao cruceiro de Caboi.

NOTAS:
14. Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso).
15. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro do S. Martiño (Guillar). Cruceiro de San Paio (Parada). Cruceiro do San Marcos (Taboi). Cruceiro de Vicinte (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
16. Cruceiro de Quintián (Cela). Cruz da Rebordea (Francos). Cruz de Guillar (Guillar). Cruceiro de Matela (Matela). Cruceiro de Bravos (Vicinte).
17. Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruceirdo de Gondai (Parada). Cruceiro de San Paio (Parada). Cruceiro de Vicinte (Vicinte). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
18. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela).
19. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruz da Reboreda (Francos). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruceiro do San Martiño (Guillar). Cruceiro da igrexa (Martul). Cruceiro de Gondai (Parada).
20. Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruz da Rebordea (Francos). Cruceiro de San Paio (Parada). Cruceiro de San Marcos (Taboi). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vicinte (Vicinte). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
21. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro de Lama (Gaioso). Cruceiro da igrexa (Martul). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
22. Cruceiro de Quintián (Cela). Cruceiro de Matela (Matela). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de San Paio (Parada). Cruceiro de San Marcos (Taboi). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vicinte (Vicinte). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela). Cruz de Guillar (Guillar).
23-24. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Lamas (Gaioso). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
25. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Lama (Gaioso). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
26. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (3) (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
27. Cruceiro de Bullas (1) (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
28. Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
29. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Meidonín (Cela).
30. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
31. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
32. Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (3) (Aspai). Cruceiro de Campo da Feira (9) (Gaioso). Cruceiro de Vilela Grande (20) (Vilela).
33. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro de Gondain (Parada). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vicinte (Viciente). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
34. Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruceiro do San Martiño (Guillar). Cruceiro da igrexa (Martul) -cambiouse de lugar o fuste e a cruz.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES