
  Había   unha  vez  un  neno   que   non   tiña  afección   ao estudo  e tampouco  quería   colaborar  nas tarefas  agropecuarias   e  domésticas   do  fogar.  
Este  rapaz   vivía,   xunto cos seus  país   e  un   dos  avós,  pois  os  outros xa morreran,   nunha   aldea   pequerrecha  da  montaña luguesa.  Os  proxenitores   estaban   moi  preocupados  porque  pasaban  os   anos  e  o  mozo  medraba   físicamente   pero    non  estudaba nin se preparaba   no  dominio   dalgún traballo ou  oficio.
  Un  día  o  avó díxolle á súa filla:
Neste Nadal imos acadar que Manoliño, este era o nome do rapaz, sexa, para sempre, un home feito e dereito.
A  filla quedou abraiada pois  pensaba   que  iso   era  totalmente  imposible   de  conseguir.
 Sí,  dixo  o  vello,  vou levalo ao Museo   dos  Oficios  Galegos .  Ali,   ten  dous camiños,  ou se decide por  un  deses traballos ou  remata  sendo freire ou crego.
A  muller respondeu:
  Ai meupai, onde  está  ese  museo?  Qué  é,  un  Seminario?
O pai respondeu  con  retranca:
Parece   mentira   que  non  saibas  de  que  falo!   Ti   sabes,  e  moi  ben, onde  é  Begonte.  Pois ali,  cando  naciches,  ainda nin  andabas,  fuches   coa  túa   difunta  nai  e  comigo  para  que  nese  Nadal  recibirás   o  segundo  bautismo,  a bendición  do  ceo  e  da terra.  Bautizo  no amor   pola  tradición   e  os valores   pola nosa amada terra  galega   e  as  súas xentes;  por  iso,  sabes  Carmiña,  eres   unha muller  de  verdade.
A  filla quedou  calada   e  proseguiu cos seus  menesteres.  
Pasados  uns  meses,  cando  xa  as  brétemas,   ese   misterioso  e  abraiante  manto,  avisaba  de  que  Decembro xa chegaba  e  con  el  o  Nadal;  cando  o  avó se decatou   de   que  xa  inauguraran  o  Belén  de  Begonte invitou ao seu  neto  a  ir  con  el  visítalo  no  segundo  domingo   de  Adviento.
O  rapaz  dixo   que  quería  ir  cos seus  amigos  de  troula  o  sábado  pola noite,  pero  que,  o primeiro  era,  o  primeiro.
Verdadeiramente   que estaba  no  certo,  pois  pola  mañá  non  había  quen   de  sacalo  da  cama.  Xa  case  era  mediodía  cando  se ergueu  .  O  avó recriminou   a  súa actitude,  pero  o  mozo  recordou   que  para  el  o  primeiro,  era  o  primeiro, disfrutar  da  noite.
Por  fin, despois   de   xantar   marcharon   cara  o  belén.  Cando  estaban  ás  portas  do  Centro    Cultural dixo   o  avó:
  Eiqui   empezará   a  túa  nova  vida.
O rapaz  encolleu  os  seus ombreiros,  botou  un  sorriso   e  non  comentou  nada.
Cando   entraron ,  en voz  queda  e  agarimosa,  comentou:
  Mira  con  atención.  Todos   están  facendo algunha laboura (zoqueando,  pescando,  lavando
).  Este   é  o  noso pequerrecho  mundo.  Está  é  a  nosa Galicia   en  miniatura:  pastores,  aserradores,  zoqueiros
..Escoita,  no  belén  da  vida  todos  temos unha    humilde  misión,  un   traballo ou traballos que  facemos  para  ofrecelo ao Neno  e  aos nosos  ancestros  e,  para  que  sirva  de  pegada   imborrable  para  os  outros,  os  nosos  descendentes;  por  iso  cada  un  ten  que  facer  a  ofrenda   do  seu .   Eu,  por  exemplo,  que  toda  a  miña  vida  fun labrego,  a  primeira  vez   que  estiven  eiqui trouxen  un  sacho, logo  á  túa nai, agora  te  traigo  a  ti   e
  ti,   qué  traes?
O rapaz  non  soubo  que  responder,  pero  o  avó rematou:
 Ti ,  traes  as  mans baleiras,  como  todos  os  preguiceiros  e  esmorgantes,  pero  eiqui, precisamente   quen  nada  trae  sairá  con elas tamén cheas.
O  rapaz,  ante  as  verbas  do  avó,  non  puido  reprimir  unhas bágoas  dos  seus ollos.  O  ancián,  decatándose  do efecto  da   súa  conversa,  calou.  Pasado  un  intre sairon da man  e  tomaron   camiño  da súa  aldea. Ao  cabo  dun  rato  o  raparigo dixo:
-  Avó,  e  que  levamos? Dicias  que  tamén  levaríamos  algo
O  vello  enfadado  contestou:
-  Infeliz, sempre  pensando no  material  e tanxible! !Paréceche pouco  o  que  levamos,  a  grandiosa  ledicia  e satisfacción deter  os nosos ollos  e  o  noso  corazón  cheos  coa  grandiosa  e  exemplar  estampa  do  Belén  de  Begonte e sobre  todo   enchidos  de  esperanzas 
Nada  comentou  o  neno xa   durante  a  viaxe  de  regreso.
Á  mañá, cando  se ergueu, o  avó preguntou  á súa filla   polo  mozalbete  e  esta  
dixo:
-  Marchou  cedo   e  soamente comentou  que xa, neste  Nadal deixou  de  ser     preguiceira carricanta,  que  ía   irse   xunto   de Xoán,  o  carpinteiro,  para  ver  si  podía  ser   o   seu  aprendiz.
O  vello  deixou  escapar  un  suspiro moi fondo e , con  el   unha nova  brisa   percorría aquela  casa   porque   estaba  moi  ledo,  pois  a  ventá   da  vida   do  seu  neto   xa   estaba   aberta ao  mundo. Logo  exclamou:
-  Xa  podo   morrer  tranquilo!!.  Gracias   ao Belén  de Begonte!
Pasados  os  anos,  aquel   rapaz  era   un  home  adulto   e  no  seu  pobo  traballaba  como  un  ebanista  afamado.
Na  porta  do  seu obradoiro  tiña   nunha táboa  a  seguinte lenda:
  Seguindo  os  consellos  dos  avós  e  o  exemplo   do  Belén  de   Begonte faremos  un  mundo  mellor.
Ninguén  preguntaba  pola  interpretación   desa mensaxe,  pero  unha  tarde   de  Noite  Boa   un  cativo,   que  ainda nin siquera   sabía  ler, preguntou   que  había escrito naquela  madeira.  Pensaba    que   sería    o  nome   do  local  .
O  artesán respondeu:
   É   unha  permanente  felicitación  e  agradecemento.  
A resposta poderás atopala sempre nas  verbas  do  teu avó   e   na  visita   ao  lugar  onde  recibirás   a  lección  da  vida,  no  belén  de  Begonte.
Él  é  unha moi  especial  escola  para  aqueles  que queren  aprender   as ensinanzas  da  terra ollando  cara  o  ceo.
     Orare  el  laborare  eiqui neste  belén, no  Nadal,  é  unha  grandiosa  realidade.