Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reis Magos no dia de Papá Noel

lunes, 18 de diciembre de 2017
Reis Magos no dia de Pap Noel Vou falar dos Reis Magos porque vén aí o Papá Noel. Contradición? Paradoxo? Incongruencia? Nada, nada; a realidade pura. Hai que recoñecer que o home das barbas brancas está vencendo xa por goleada ós usuarios dos camelos de Oriente. Outra cousa máis anglosaxoa que se nos subiu á chepa. A ver!, entendo e ata vexo ben que os nenos reciban os agasallos na época do Nadal por aquilo de que están de vacacións e é cando poden gozar deles. Pero de aí a que os Reis Magos empecen a xogar xa todos os partidos de suplentes, para min, vai un abismo.

Normal, son daquela época, daquela na que os nenos viviamos coa ilusión ese día, máis en concreto o día da véspera, o día 5, que era cando realmente soñabas co que podía chegar ó día seguinte. A este molgués que escribe iso era o que realmente o ilusionaba: os soños. Si, porque ó día seguinte, día dos Reis Magos, chegaba a realidade á súa vida: a de contemplar, por que non, con envexa a algúns amigos como presumían dos seus xoguetes, das súas cousiñas.

Nin tan sequera me quedaba a ilusión de recibir algo (unha peseta, uns céntimos) do que ganara a noite antes cantando os Reis. Porque eu, de parvo, ía e dáballe todo o que ganara á miña nai. A necesidade era tanta que, repito, nin unha cadela; nin nesa noite nin no día especial dos nenos. Certo, dalgúns nenos. Tan só nos quedaba a opción de, o día anterior, o día 5, ó lume da lareira e mentres se lle cocía o pote ós porcos, aproveitar algunhas cabezas de nabo e facer un carro con elas. Así, o día dos Reis podías saír á rúa (perdón, naqueles tempos era “á carreira”) e facer que xogabas co carriño das vacas. Pois incluso así eran máis chulos os Reis Magos que, hoxe, o Papá Noel.

Que teñades moi bos Reis o día de Papá Noel. Boas festas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES