Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (I)

viernes, 20 de julio de 2007
Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (I) Cruceiros do Concello de Outeiro de Rei (I) ALGUNHAS TIPOLOXÍAS DOS CRUCEIROS DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
Autores: Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado.

Castelao, e despois del outros autores, xa comentou atinadamente que detrás de cada cruceiro hai unha historia, unhas veces sinxela e outras máis complexa, en ocasións vencellada a algún acontecemento triste ou dramático, e por veces ligadas simplemente a unha fonda devoción ou, quizais, ó vello sistema baseado no do ut des que xa utilizaban os clásicos nas súas crenzas.
Asi pois, se cada cruceiro ten potencialmente de seu unha historia, detrás dos 21 cruceiros de Outeiro de Rei que aquí recollen Fernando Arribas e José Manuel Blanco Prado ¡cantas historias non haberá!: mortes desgraciadas (accidentais ou non), ofrecementos e votos diversos etc. Moitos destes aspectos, desta “vida interior” dos cruceiros chairegos, aparecen plasmados nas inscricións e lendas de moitos exemplares inventariados, pero outras veces só quedaran agachados na memoria das xentes máis vellas. Precisamente por eso, segue sendo urxente recoller e transmitir todos os datos, noticias e informacións, de carácter material ou inmaterial, que nos reflictan unhas mentalidades, uns modos de ver a vida (e a morte...) moi determinados e, tantas veces, tan peculiares e singulares da cultura popular galega, antes de que a implantación da “moderna cultura occidental” (mormente norteamericana) fora uniformizando todo ou case todo.
Felipe Arias Vilas. (1).

1. ANÁLISE SOBRE ALGUNHAS TIPOLOXÍAS
Neste concello atopamos dazanove cruceiros e dúas cruces, distribuidas por entidades parroquiais da seguinte maneira.
1. Na parroquia de Arcos dous cruceiros:
O cruceiro de Bullas, situado no interior dunha finca particular, pertencente á “Casa Varela” e ao caron da estrada a Castro de Ribeiras de Lea; e o cruceiro da igrexa, colocado nun cruzamento de viarios.
2. En Aspai, o cruceiro de Santa Comba, colocado ao carón da “Casa de Bernadelo”
en un cruzamento de viarios.
3. En Caboi, un cruceiro emprazado nun cruzamento de viarios e preto da igrexa parroquial.
4. En Candai, un cruceiro situado no cemiterio parroquial.
5. En Guimarás, un cruceiro colocado nun cruzamento de viarios.
6. En Cela, dous cruceiros:
O cruceiro de Meidonín, emprazado nun cruzamento de viarios; e o de Quintián ao carón dun viario e preto do cemiterio parroquial.
7. En Francos, a cruz da Rebordea situada ao carón dun viario.
8. En Gaioso dous cruceiros:
O do Campo da Feira e o da Lama colocados nun cruzamento de viarios.
9. En Guillar, unha cruz situada nun cruzamento de viarios e o cruceiro do S. Martiño na pista que leva á igrexa.
10. En Martul, un cruceiro emprazado no interior da igrexa parroquial.
11. En Matela, un cruceiro colocado nun cruzamento de viarios.
12. En Parada, dous cruceiros:
O cruceiro de Gondai, situado ao carón do pazo de Gondai e o de San Paio ao carón da capela do mesmo nome.
13. En Taboi, un cruceiro emprazado nun cruzamento de viarios.
14. En Vicinte, os cruceiros de Bravos e Vicinte situados nun cruzamento de viarios.
15. En Vilela, dous cruceiros:
O de Vilela Grande, colocado no adro da igrexa parroquial; e o de Vilela Pequena na beira dun viario.

Referente a súa conservación, atopamos catorce cruceiros e dúas cruces en bo estado (2), e cinco cruceiros que amosan algún elemento ou máis deteriorados (3).
Con respecto á propiedade, seis cruceiros son de propiedade particular (4) e trece cruceiros e dúas cruces de propiedade pública (5).

Por outra banda, o cruceiro amosa os seguintes elementos con respecto a súa composición: a plataforma, a base, o fuste ou varal, o capitel e a cruz.
1. A plataforma amosa un chanzo no cruceiro da igrexa de Martul; dous chanzos en cinco (6); tres chanzos en dez cruceiros (7). Tamén hai tres cruceiros e dúas cruces sen plataforma (8).

2. A base presente diferentes modalidades:
2.1. Unha base cúbica en sete cruceiros (9).
2.2. Base troncopiramidal en cinco cruceiros (10) e na cruz da Rebordea (Francos).
2.3. Base formada por dúas pezas. Unha paralelepípeda irregular e a outra cúbica no cruceiro de Matela (Matela).
2.4. Base prismática cuadrangular no cruceiro de San Paio (Parada).
2.5. Base paralelepípeda moldurada no cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
2.6. Base moldurada en nove cruceiros (11).
2.7. Cruceiros sen base en tres cruceiros (12).

En relación aos elementos complementarios, a base amosa unha inscrición en cinco cruceiros (13).
A. Cruceiro de Bullas (Arcos): Cara W. Inscrición ilexible.
Cara Leste: “CONSTRUIDO A EXPENSAS DE RAMÓN...CURA... EN EL AÑO DE 1883”.
B. Cruceiro da Igrexa (Arcos): As caras do extremo superior e inferior mostran unha inscrición na que soamente pode lerse: “LO IZO JOSEPH LOP ARIAS”
C. Cruceiro de Santa Comba (Aspai): As caras da base aparecen cunha inscrición na que pode lerse o seguinte: “QUE ESTE CRUCEIRO MANDOUNO FACER MANUEL FERREIRO CANDAL, CURA DE DISTRIZ (VILALBA) NO ANO DE 1897”.
Na inscrición, tamén se reflicte “como o bispo de Lugo concede indulxencias a tódolos fregueses que recen diante do cruceiro”:
Cara Sur: “POR REZAR CU / ALQUIER ORACIÓN / APROBADA POR LA / IGLESIA ANTE ES / TAS EFIGIES”.
D. Cruceiro de Meidonín (Cela): Cara W: “S. ROQUE”.
E. Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela): Cara Norte: “ROGAD A DIOS POR / D. MANUEL GAL.LEGO / MUERTO EN ESTE SITIO / EL 31 DE MARZO DE 1945 / A LOS 42 AÑOS / TU ESPOSA, HIJOS Y VECINOS / NO TE OLVIDAN”/.
Por outra banda, o Cruceiro de Meidonín (Cela) amosa na súa Cara W., un motivo escultórico que simboliza a S.Roque e a un devoto.

3. O fuste é monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas biseladas no resto, agás o cruceiro de Matela que non ten fuste, e os cruceiros de Caboi e Martul que amosan unha sección cilíndrica e estriada agás nos extremos. Tamén, hai que excluir as cruces de Rebordea (Francos) e Guillar.

As caras dos extremos superior e inferior están ornamentadas polos seguintes motivos:
3.1. As catro caras do extremos superior están ornadas por un rombo inscrito nun rebaixe rectangular no cruceiro da igrexa de Arcos.
3.2. A cara Sur do extremo superior está decorado por unha custodia no cruceiro de Santa Comba (Aspai).
3.3. As catro caras da parte superior estan decoradas cun rebaixe rectangular que presenta o relevo dun rombo cun roel no centro e catro franquendo os vértices superior e inferior no cruceiro de Bullas (Arcos).
3.4. As caras Leste, Norte e W., do extremo superior están ornamentadas cun rebaixe rectangular que amosa o relevo dun rombo cun roel no centro e catro franqueando os vértices superior e inferior do cruceiro de Santa Comba (Aspai).
3.5. Todas as caras do extremo superior, agás a SE., están ornadas cunhas rosetas no cruceiro do Campo da Feira (Gaioso).
3.6. Dúas caras do extremo superior do cruceiro de Meidonín (Cela) están ataviadas cunhas swásticas.
3.7. As arestas das caras da parte superior están ornamentadas cuns cordóns de hábito no cruceiro da Lama (Gaioso).
3.8. A Cara SE., da parte inferior está decorada cun relevo da flaxelación de Cristo no cruceiro do Campo da Feira (Gaioso).
3.9. O fuste ten un soporte formado por unha dobre moldura convexa, ornada con catro follas, no cruceiro da igrexa de Martul.
3.10. O extremo superior do fuste remata nun collarino no cruceiro da igrexa de Martul.

NOTAS:
1. Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Extracto do Prólogo do Libro “Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei”, do que son autores Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado.
2. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruz da Rebordea (Francos). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruz de Guillar (Guillar). Cruceiro do S. Martiño (Guiar). Cruceiro da igrexa (Martul). Cruceiro de S. Paio (Parada). Cruceiro do S. Marcos (Taboi). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
3. Cruceiro do Quinto (Donalbai).
4. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro de Santa Comba. Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de San Paio (Parada). Cruceiro do S.Marcos (Taboi).
5. Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro do cemitrio (Candai). Cruceiro de Quintián (Cela). Cruz da Rebordea (Francos). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruz de Guillar (Guillar). Cruceiro do S. Martiño (Guillar). Cruceiro da igrexa (Martul). Cruceiro. Cruceiro de Matela (Matela). Cruceiro de Bravos (Vicinte). Cruceiro de Vicinte (Vicinte). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
6. Cruceiro de Caboi (Caboi). Cruceiro do S. Martiño (Guillar). Cruceiro de Matela (Matela). Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiro de Vilela Grande (Vilela).
7. Calvario de Baamonde -cruceiros da esquerda e da dereita-, cruceiro da igrexa (Donalbai), cruceiro de Denune (Felmil), cruceiro de Saavedra e cruceiro da igrexa (Trobo).
8. Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruz da Rebordea (Francos). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruz de Guillar (Guillar). Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
9. Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro do cemiterio (Candai). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro da Lama (Gaioso). Cruceiro do San Marcos (Taboi). Cruceiro de Vicinte (Vicinte).
10. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Caboi. Cruceiro de Gondai (Parada). Cruceiroa de Vilela Grande (Vilela).
11. Cruceiro de Bullas (Arcos): moldura cóncava. Cruceiro da igrexa (Arcos): molduras cóncava e convexa. Cruceiro de Santa Comba (Aspai): moldura convexa. Cruceiro de Caboi (Caboi): moldura cóncava. Cruceiro de Meidonín (Cela): molduras cóncava e convexa. Cruceiro do Campo da Feira (Gaioso). Cruceiro da Lama (Gaioso): molduras cóncavas e convexa. Cruceiro de Vicinte (Vicinte): molduras cóncava e convexa. Cruceiro de Vilela Pequena (Vilela).
12. Cruceairos de Quintián (Cela), do San Martiño (Guillar) e de Bravos (Vicinte).
13. Cruceiro de Bullas (Arcos). Cruceiro da igrexa (Arcos). Cruceiro de Santa Comba (Aspai). Cruceiro de Meidonín (Cela). Cruceiro de Vilela Pequena.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES