Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terra de Heroes

martes, 19 de diciembre de 2017
Vellos druidas falaban da terra dos bosques,
do país das augas,
vellos bardos cantaban do país das meigas,
da terra das fadas.
O invasor chamoute terra de lobos,
Gallaecia, fogar dos bárbaros,
Sabían o que facían?
Sabían,
chegaron e quedaron.

Os devanceiros loitaron,
a lume e ferro defenderon o noso.
As mulleres berraron,
nosa terra, non a vosa!
O romano era forte,
a espada asasina,
sabían a quen queimaban?
Os galegos renderon,
mellor un futuro que a morte.

O rei dos galaicos non era covarde,
era sabio, sabio e leal,
escollo aos meus fillos!
Iso é un heroe,
O heroe, non mártir,
o que vela ao seu pobo.
Mártires foran antes,
fillos do Medulio,
xamais esquecidos, sempre presentes.
Pensábano eles?
Pensaban,
grande rival na loita, grande aliado na paz.

Chegaron tempos calmos,
merecíano, soñábano,
non máis sangue nos ríos,
non máis regueifas e dano.
O rei sabía o que facía,
paciencia infinita,
morría ou marchaban?
Morreu, mais marcharon,
dous centos de anos, saíron.

Gallaecia, terra de heroes,
nazón dos libres,
terras de meigas,
augas das fadas.

Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania