Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maxisterio 1967

viernes, 15 de diciembre de 2017
Hoxe, venres, os mestres da promoción de 1967 reunirémonos en Lugo co gallo da celebración das nosas bodas de ouro. O acto, unha visita á Normal e un xantar de confraternización, queremos que sexa un homenaxe a aqueles Mestres que en aqueles tempos, “ da longa noite de pedra”, puxeron nos nosos corazóns aquelas enseñanzas- nalgún caso con moito perigo- que nos prepararon para afronta-la vida cuns principios, que cremos sólidos, aínda que despois cada un evolucionara para adaptarse ós tempos, e poidese elixir distintos vieiros: Mestres, bancarios, policías…unha retafía de traballos nos que cada un deu o mellor de si.

Nista texitura, e a nivel persoal, quero salientar, sen menospreciar a ninguén, a figura de Alonso Montero, que foi, naqueles tempos de tristura e de memoria gris, a estrela que me guiou, e supoño que a outros tamén, na defensa do noso patrimonio, en particular do idioma, e me mantivo viva en mín a fe na Terra.

A súa fervente e inxente laboura, xunto a Freixedo Tabarés, outro enorme mestre descoñocido por vivir en Madrid, permiteume descubrir unha constelación nova de estrelas, que nada teñen que ver co mercantilista Camiño de Santiago, como poden ser Castelao, Rosalía, Curros, Celso Emilio e algúns outros coma Novoneira, Ben Cho Shei, Dionisio Gamallo ou Borobó, cos que tiven a sorte de botar parrafadas.

Iso tamén me permitiu busca-la ialma galega en Cela, Valle Inclán, Doña Emilia e máis.

Hoxe, felizmente xubilados, queremos amosa-lo noso cariño por unha cidade coma Lugo, que nos acolleu e sigue acollendo(moitos éramos de aldeas ou de pobos) con sincero agarimo e nos tratou como a fillos. A patria de Pelúdez, ise peculiar e soñador home que coa súa famila nos visita polo san Froilán e entón era obra de Trapero Pardo (Por alí tamén andaba o fabuloso Änxel Fole), digo Lugo, é unha nova cidade, mellorada e máis aberta, á que regresamos desde moitos lugares do mundo, e nos sigue acollendo co cariño de sempre. Grazas Mestres, grazas, Lugo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES