Somos un gran pobo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de diciembre de 2017
Certamente, tódolos pobos teñen a súa grandeza.
A do pobo galego, non queda atrás.
O pobo galego goza dun recoñecido prestixio; a cousa non é para menos.
Xa as mulleres celtas gozaban duns dereitos que hoxe quixeran ter moitas.
Os homes galegos non o pensaron dúas veces cando tiveron que ir á sega a Castela, traballando baixo un sol abrasador e nunhas condicións da vida sumamente duras.
Tampouco o pensaron dúas veces, a nosa xentiña, cando tivo que emigrar a América, a Europa e polo mundo adiante; para buscar un bocado de pan.
Non foron menos valentes as mulleres que quedaron na casa.
Como di Rosalía, eran viúvas dos vivos.
Elas araban, elas sachaban, elas gobernaban a casa, elas criaban os fillos ó mesmo tempo que coidaban dos enfermos e anciáns.
Labrega como a muller galega, ningunha.
Cunha man collían o arado, coa outra unha criaturiña de poucos anos e aínda levaban outra no seu ventre.
E NON SE QUEIXABAN.
NON TIÑAN TEMPO PARA QUEIXARSE.
As nosas avoas eran polivalentes como nungunhas.
Os nenos que nos precederon, empezaron a súa vida laboral ó mesmo tempo que debían entrar na escola.
A maioría foi pouco ou nada á escola: había que axudar na casa coidando os irmánciños pequenos, levando as vacas ó monte.
Outras veces chamándoas diante do arado, outras levándoas a pacer pola corda nos arredores
E outros moitos labores.
Moitos e moitas nin á escola foron: aprenderon a ler indo a clases nocturnas cun veciño que escasamente sabía as catro regras.
Con pouca instrucción, pero con moitos coñecementos da vida cotiá, defendéronse e sacaron a familia adiante.
Moi poucos poideron acadar unha formación universitaria: era algo prohibitivo para a maioría.
Alimentáronse co que as súas mans sachaban, moitas veces mal nutridos; pero moi valentes, moi loitadores, moi humildes e moi honrados.
E por se esto fora pouco; moitos viviron e outros sufriron as consecuencias da guerra: fame, necesidades estreituras, inxustizas
Con todo e con eso; foron os que construíron o mundo que nos viu nacer.
Ós que nos tocou nacer nos últimos cincuenta anos, recollemos con moito esmero e cariño o esforzo dos ancestros e tamén aportamos o mellor de nós:
-Moito estudio, con moitísimo sacrificio tanto económico con intelectual. Os tempos así nolo esixían.
-Moito traballo e moitos traballos, moitas privacións e moitos sacrificios; sen regatear esforzos.
-E moita constancia sen perder nunca a esperanza nun futuro prometedor.
Pensando unha e outra vez que: NON HAI BEN QUE POR MAL NON VEÑA
Eso si: con moita fe no futuro.
A NOSA FE MOVEU MONTAÑAS E HOXE EN DÍA SOMOS UN GRAN POBO:
-Un pobo adiantado que goza de ensino e sanidade universal para todos.
-Un pobo con coñecementos adquiridos en institucuións educativas de moito prestixio: os nososuniversitarios non desmerecen ante o resto.
-Un pobo con bos medios de comunicación social: prensa, radio, televisión
-Un pobo cunha rede viaria bastante aceptable, aínda que mellorable.
Posuímos tres aeroportos, moitos kms de autovías e unha rede ferroviaria en proceso.
-Un pobo con monumentos Patrimonio de Humanidade:
-Murallas de Lugo.
-Torre de Hércules.
- Santiago coa súa Catedral
-Un pobo acolledor, hospitalario, aberto ó mundo.
En poucas palabras: UN POBO CON PRESTIXIO UINIVERSAL.
Acadar este nivel non foi de balde; mantelo e seguir mellorando tampouco será gratis.
Gratis non; pero imposible tampouco.
¡Quen tal dixo!
¡QUEN TAL DIXO!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tódolos galegos e a tódalas galegas de pura cepa así como a tódalas persoas que colaboran co seu bo facer na construcción dunha Galicia cada día mellor e mellor.
Graciñas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora