Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De quen é o patrimonio cultural?

jueves, 14 de diciembre de 2017
Respecto do título que acaba de ler e do que, coma sempre, terma esta columna, levo anos sostendo unha teoría que vou tratar de expoñer, agardando que -como simple teoría xenérica que é- ninguén se sinta sinalado co dedo acusador ou se dea directamente por aludido.

Realmente ten máis que ver co patrimonio arqueolóxico en particular ca co patrimonio cultural en xeral e, logo daquela -nunca mellor dito- sentencia formulada por un director xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que aseguraba que o xacemento arqueolóxico mellor conservado é o xacemento soterrado, ven a poñer o dedo dentro da chaga da eterna dicotomía existente entre as distintas liñas de pensamento arqueolóxico que se debaten entre a investigación e a divulgación e que por máis que haxa franxas de grises polo medio, en moito casos son debate completamente irreconciliables.

Ó fío disto, dende a perspectiva, non tanto da intervención arqueolóxica do xacemento, canto da súa xestión cultural, a min suscítaseme con frecuencia outra dicotomía semellante, neste caso en forma de pregunta, que é a seguinte: Quen debe ter máis pertenza sobre un xacemento arqueolóxico, o pobo que é consecuencia evolutiva directa dos seus devanceiros radicados noutrora nel, ou do centro de estudos, museo, profesionais da arqueoloxía, profesores universitarios, etc., que se encargan ó longo dun período de tempo determinado da súa investigación?

Para resumir de contado. Realmente, ten algún sentido que unha determinada xeira de xeracións teñan habitado un determinado lugar ó longo de varios séculos, e mesmo teñan desaparecido como pobo, para que, logo, un milenio ou dous despois, un equipo de investigación o teña, coma quen ten un libro único nun atril do seu despacho para o seu único goce intelectual, sen que o pobo sucesor non lle poida sacar o máis mínimo rendemento social, cultural e mesmo económico?

Suscítanseme todas estas preguntas, ó fío do debate xurdido entre Aragón e Cataluña (é un xeito amplo de simplificar) por mor de preto de medio cento de pezas de arte que hoxe pola mañanciña foron retiradas do Museo de Lleida para retornar ó seu mosteiro orixinario.

De quen é o patrimonio cultural? Repito. E non formulo a pregunta como unha pregunta retórica, porque se pensou que eu tiña a resposta, sinceramente acaba de me sobrevalorar.

Sen me mergullar en profundidades xurídicas, diría eu que se a alguén lle pertence, igual que unha herdanza de pais a fillos, é ós sucesores directos e, polo tanto, semella dunha certa lóxica que as pezas volvan para o seu estadio orixinal, por máis que as mesmas fosen vendidas anos atrás.

Ora ben, se isto é así, o que non entendo é por que protestan agora en Cataluña ó veren marchar o camión e, sen embargo, quedaron calados cando o arquivo da Guerra Civil de Salamanca foi desmembrado, para contentar –precisamente- ós cataláns.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES