Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'A nena do abrigo de astracán', de Xabier P. DoCampo

miércoles, 13 de diciembre de 2017
A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo é unha novela moi ben tecida e organizada onde todo vai esvarando polos sendeiros indefectibeis dun Macondo chairego, unha Vetusta rabadense, ou mellor dito, un POBO ARACNOIDE chamado Ribadaínsua, do que non hai a posibilidade de se poder escapar, e todo vai levando a un vórtice ou remuíño que deixa un baleiro no seu centro e que se queda estampado de silencio cando todo conflúe nun prodixioso final onde o autor presenta a imposibilidade da liberdade do ser humano e do seu progreso, porque os intereses dos poderes eclesiásticos e políticos de turno quebran calqueira posibilidade de baleirarse de teimas e de dicir a verdade.

En Ribadaínsua, todos saben dos problemas de todos, pero todos calan e levan no máis rigoroso silencio cada un a súa carga para non ser descubertos polos demais; mediante ese pacto tácito de silencio que os aboca a permanecer nesa tearaña tecida polos que mandan, chegando incluso a silenciar as mortes culminadas sen problemas, aínda a sabendas de todo o pobo e que só as ditaduras son capaces de adormecer a través do engano e do medo que se cingue nunha pequena sociedade dun pobo galego de posguerra.

Ribadaínsua é un pobo ARACNOIDE, digo, onde as teas de araña están estendidas polos poderes que terman cos fíos eclesiásticos e políticos, tan ben tecidos que ninguén en Ribadaínsua deixa de caer na arañeira que lles tenden e onde o arácnido político e relixioso tampouco se despreocupa de comerlles os miolos e beberlles o sangue, deixándoos coa quitina exterior dun insecto calqueira, mais desprovistos da posibilidade de ser eles mesmos, porque desde que son ollados, comeza a funcionar a maquinaria que está tan acompasada e engraxada que, non hai dente de piñón que non faga o seu traballo, e os insectos (personaxes) de Ribadaínsua caen nas redes obrigadas dos poderes carnívoros e omnívoros que os destrúen.

Ante tal feito, só cabe a posibilidade de calar con un silencio cómplice que se converte en inimigo deles mesmos, e onde o desespero de que descubras as súas fraquezas e faltas, fainos entrar nunha ataraxia existencial e nunha marca de ausencia da verdade que lles indican eses poderes, e onde a única vía de escape é marcharse de Ribadaínsua, como fan Ovidio ou Susana, a protagonista.

As taras e barbaridades que o pobo fai, permanecen no aire, nos sobrados das casas, e está patente e latente na mente de todos os que viven e conviven con elas porque todo o pobo é un manicomio onde os seus veciños ou internos están atrapados e son presos dos fíos que os envolven como se fosen monicreques manexados polos poderes da posguerra incivil española.

En definitiva, unha boa novela que hai que ler e que reflicte no espello do realismo a nosa máis recente historia.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES