Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partidos e Sindicatos

miércoles, 25 de julio de 2007
Desde os primeiros tempos da transición, cando todo empezaba, partidos e sindicatos viñeron actuando cunha sintonía propia da ideoloxía de cada quen, sendo ou non correa de transmisión uns dos outros pero sí coincidindo en posturas e camiños.

Comisións Obreiras sintonizaba de xeito especial co Partido Comunista, a Unión Xeral de Traballadores co Partido Socialista Obreiro Español, e a Intersindical, hoxe C.I.G., co Bloque Nacionalista Galego. So quedaba o Partido Popular, como antes a U.C.D. sen un sindicato afin aínda que en tempos a Unión Sindical Obreira, hoxe en ignorado paradeiro, parecía poder chegar a selo.

É difícil que hoxe, no goberno galego Psoe e Bng, os sindicatos afíns manteñan as formas e sigan camiños parellos. Os sindicatos e poder teñen, por principio, camiños dispares.

É a Cig a que denuncia que a Xunta ten incrementado ata un trece por cento, en lugar de reducilas, as prazas de xefaturas elixidas dixitalmente. Que a pesar das promesas, das liñas de acción, das protestas no seu día, a conducta da Xunta actual é neste aspecto bastante parecida á do goberno do PP, mesmo superándoa en cargos de confianza.

Os partidos gobernantes non teñen xa Sindicatos de man?. O tema pode ser flor dun día, e volver ó rego en calquera momento. E posiblemente os sindicatos precisen marcar distancias porque se o exercizo do poder queima a quen o exerce é moi lóxico que non queiran ser alcanzados polo lume purificador.

Os partidos, gobernan. Os sindicatos, protexen ós traballadores. Ó gobernar, decidindo, alguén resultará afectado. E o que toma a decisión quedará marcado. Os sindicatos están botándose fóra das marcas, asumindo o seu natural papel.

É difícil de entender, máis difícil de explicar, pero chega o momento de que cada quen atenda ó seu xogo. E por eso a C.I.G., que non leva cartas nesta partida, se levanta da mesa de xogo e bota a andar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES