Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa non son o que eran

lunes, 11 de diciembre de 2017
Nesta ponte da Constitución ou da Inmaculada que acabamos de deixar atrás, á maioría dos porcos chegoulles o seu San Martiño. Sei que houbo matanzas a darlle cun sacho por todas as aldeas da contorna. E o tempo axudou moito. A carne precisa frío e as xeadas foron de campionato. Non obstante, as matanzas xa non son o que eran. E refírome, claro está, a como eran antes, é dicir, as de coitelo, as de sangrar o porco. Si, agora co tiro na cachucha tamén se lles mete o coitelo para desangralos, pero non é o mesmo: para expulsar ben o sangue, o marrán necesita berrar, tensar os músculos para que o sangue saia lixeiro. Tamén é certo que, con coitelo ou á pistola, xa non son o que eran porque agora e moi complicado xuntar xente suficiente para que agarre do rencho. As aldeas están sen xente e os que quedan son da terceira idade que bastante teñen con manterse en pé. Por iso non é raro saber que moitas familias xa encargan os porcos desfeitos ou envasados para non ter que matar. Non teñen quen lles bote unha man.

Vaia por diante que a min non me gustaban as matanzas; polo sufrimento e os berros do porco e polo frío. Lembro de rapaz aqueles nervios no momento de suxeitar ó cocho (era perigoso se se soltaba algunha pata) e aquel bulleiro que se formaba no chan ó lavalos e chamuscalos. O calzado daqueles tempos non era o de hoxe (ó mellor eran zapatillas furadas por abaixo) e o frío, a parte de meterse nos pés, metíase na alma. Tampouco me gustaba o xantar do primeiro día: o fígado con patacas. Son un fanático da carne do porco, pero o fígado é o que peor levo. Menos mal que xa hai moitos anos que nin fago nin asisto a ningunha matanza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania