Pescados e carnes do futuro
Editorial - martes, 24 de julio de 2007
O pescaso escasea e é moi caro, como se sabe, especialmente polas mortes que o mar esixe para permitir arrebatarlle os seus mellores froitos.
A moderna técnica deu en pasar parcialmente do mar e criar entre laboratorio e granxas- peixes de todas as clases e familias, desde as troitas ós rodaballados e linguados. Non saben o mesmo, pero son moito máis baratos, o mesmo de nutritivos, hainos en cantidades industriais e non cómpre esquilmar o mar para conseguilos.
E agora, a carne. Xa se consegue en laboratorio carne de vaca, porco ou cabrito (ou similar), co que se superarán tódolos pudores dese moderno franciscanismo que mira mal o sacrificio de animais para o consumo.
No pescado hai moito camiño andado, e xa hai unha importante industria traballando no sector. Na carne, polo de agora, son puras especulacións e ensaios. Ese será o futuro, pero no presente en ámbolos dous sectores- Galicia ten moito que dicir, e unha cantidade moi importante da poboación galega está implicada directa ou indirectamente no abastecemento destes productos de primeira necesidade.
Que nos espera ese futuro, pode ser. En tanto, disfrutemos do presente, no que o pescado e a carne de Galicia teñen sona en todo o Estado e máis aló, e deso debemos beneficiarnos todos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora