De quen somos fillos?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de diciembre de 2017
No que a Galicia se refire; fai ben pouco que o medio principal de vida era a agricultura, a gandeiría e a pesca.
E no resto de España, tampouco había moita diferencia.
Da industria vivía unha pequena porcentaxe; do comercio outros poucos e dos servizos, máis ou menos, outros tantos.
A poboación estaba diseminada polo campo.
Traballában de sol a sol para o autoconsumo e pouco máis.
As feiras encargábanse do sobrante para fornecer á poboación das vilas e ciudades.
Quen máis e quen menos ten a súa orixe no medio rural: somos fillos, netos ou bisnetos de labregos unha inmesa maioría.
Eso si, nos últimos cincuenta anos, a vida deu a volta co de dentro para fóra:
A poboación trasladouse ás ciudades buscando unha vida con máis servizos e comodidades.
De non tomar as medidas oportunas, o campo está quedando despoboado.
Os labregos, desprotexidos e infravalorados.
Aínda que se mellorou moito, os servizos non son suficientes.
¡Que pena!
A industria situada principalmente nas afóras das ciudades, invadíu as nosas vidas.
No medio rural galego, sempre se falou o galego: o galego vulgar; o de toda a vida.
Agora hai quen lle fala o castalán ós nenos porque lles parece mellor; eso que tanto o galego como o castelán son cooficiais.
NON SEI MOI BEN SE ESTÁN ENGANADOS, SE O FAN POR IGNORANCIA OU SE RENEGAN DA SÚA ORIXE.
Pode haber quen estea enganado.
Todos estamos moi equivocados en moitísimos aspectos da vida.
Ignorancia, tamén a temos todos.
Uns máis e outros menos.
Pero seguramente todos teremos máis da que queremos e tamén moita máis da que pensamos.
Se souberamos o que non sabemos, seriamos moi sabios
O DE RENEGAR DA ORIXE
ESO SI QUE É UNHA ENFERMIDADE:
.
-Unha enfermidade que rebaixa moito a nosa autoestima.
-Unha enfermidade da que, inxustificadamente, nos avergonzamos.
-Unha enfermidade que nos produce pouco aprecio polo noso.
-Unha enfermidade que en algún caso chega a produicir: auto-odio.
-UNHA ENFERMIDADE QUE AMEAZA A NOSA IDENTIDADE.
Esto que nos está pasando é moi grave.
AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA, DANSE CASOS NOS QUE OS QUE NOS VISITAN, VALORAN MÁIS O NOSO QUE NÓS MESMOS.
Estamos na horta e non vemos as berzas.
¡Unha mágoa!
Teño comprobado que os que nos visitan ven en nós:
-Un pobo acolledor.
-Un pobo valente.
-Un pobo honrado.
-Un pobo traballador que é apreciado e valorado alí onde queira que vaia.
-Un pobo que goza dunha das linguas máis fermosas e garimosas do mundo.
-Un pobo que goza dunha gastronomía de primeirísima calidade: as nosas patacas, os ovos das nosas galiñas, o leite das nosas vacas, o peixe, a carne, o marisco...
-A nosa tenreira galega que é a mellor de España.
-O noso marisco, mellor que ningún.
-A nosa riqueza forestal, outro tanto.
-A nosa paisaxe califícana como o xardín de España
-A beleza das nosa Rías que é única e a da Ribeira Sacra, tamén.
-As nosas costas que presentan toda unha ampla variedade desde a fermosa desembocadura do Miño ata os acantilados máis altos de Europa situados na serra da Capelada.
-A nosa Praia das Catedrais que é inigualable.
-O noso oballo que é o sangue que dá vida á nosa paisaxe.
-A nosa boa calidade de vida: somos xente pacífica.
-A nosa bondade, a nosa hospitalidade, o noso bo facer
SOMOS UN POBO QUERIDO, MOI QUERIDO.
Eso víuse moi claro cando acudiron en masa a limpar o chapapote das nosas praias.
¿Por qué será?
Porque somos un gran pobo.
SOMOS UN GRAN POBO.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tódalas persoas que teñen a ben ler estas reflexións dunha muller galega moi orgullosa da súa terra; igual que pensa que cadaquén debe estar orgulloso/a da súa.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora