Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poemas pendurados de farolas: Lumes Nunca Máis!!

jueves, 07 de diciembre de 2017
Poemas pendurados de farolas: Lumes Nunca Mis!! Un ano máis, e van tres, nos primeiros dias de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.

A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños e o portal literário dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.

Si en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi adicada á temática contra a violéncia machista,para este ano 2018 o lema será LUMES NUNCA MÁIS e coa novidade dunha convocatória aberta a quen queira participar.

Como xa levamos feito desde o seu início, um poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorrem as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga, e neste caso será o poema ESMERALDA, homenaxe á natureza e á importância das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.

Num mundo cada dia máis prosaico, a poesia axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias não só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrcen o nóso país, que nós empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso a temática da vindeira edición é LUMES NUNCA MÁIS, para axudar a non esquecer, pois a memória é aprender...

#PoemasPenduradosDeFarolas desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición, que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son livres e a temática deste ano ten que estar relacionada com lema LUMES NUNCA MÁIS. Podedes remitilos en formato word (para homologar imaxe e maquetar, non se alterará o contido nin a estrutura) a: dosvilares@gmail.com , info@culturaliagz.com
Data limite: 28 de decembro.
Poemas pendurados de farolas: Lumes Nunca Máis!!
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES