Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lenda e realidade

martes, 05 de diciembre de 2017
Ordenaba a miña biblioteca cando din cun libriño moi curioso que me regalara o seu autor Don Antonio Fraguas titulado “Romerias y Santuarios de Galicia” no Lenda e realidadeque nos remonta á memoria dos tempos cos ritos e misterios gardados nestes lugares. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro os mortos toman protagonismo, así que volvin a ler o que o profesor Fraguas relata sobre San André de Teixido onde a lenda di que vai de morto o que non foi de vivo. Parte da fábula di que se o morto non fora a San André de vivo, facía a viaxe en espírito na compaña dun familiar. Á véspera visítano na sepultura e explícanlle o plan, sácanlle o billete do autocar, avísano cando chegan, levan para el comida que lle dan a un pobre e regresan da mesma maneira. Logo o acompañan ao cemiterio e o deixan espiritualmente de novo na sepultura. Tamén na súa obra “Un ollo de vidro” Castelao fai referencia á reencarnación nun animaliño que experimenta o que non cumpriu de vivo a promesa de peregrinar a San André e remata indo coma un lagarto. Pois ben, deixo a lenda e paso á realidade ao fio da pregrinaxe dun insecto a ese mítico lugar.

Hai tempo, decidimos levar a uns amigos a San André de Teixido. Ao paso por Pantín, observei que un saltamontes grande, dun verde esmeralda, pousara sobre o retrovisor. Imaxinei que co rodar do coche o animaliño se soltaría, pero non, ficaba ben agarrado, como pegado ao espello. Cando chegamos, sen tempo sequera a apagar o motor e baixar do coche, o saltamontes deixounos resolutivo e convencido de que a misión para el estaba cumprida. Axiña puxémonos a cabilar sobre a lenda da reencarnación daqueles que non foran a San André de vivos e a súas ánimas tomaban os corpos de animais para achegarse así fisicamente á ermida e dese xeito cumprir coa ancestral tradición.

Gozamos daquel paseo, da contorna marabillosa daquel lugar, dos cantiles impresionantes e daquel ventiño mareiro que o inundaba todo, pero pódovos asegurar que o leitmotiv daquela viaxe, o recordo perecedeiro daquela incursión, non foi outro que aquel fermoso saltamontes verde que decidiu acompañarnos desde Pantín a San André.

Como estes día do Samhaín, logo convertido en Halloween polo colonialismo cultural anglosaxón, no que os mortos toman protagonismo, pareceume oportuno compartir con vostedes este relato a cabalo entre a lenda e a “relidade”. Cando vexan un saltamontes por aí non o pisen por favor!, non vaia ser que...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES