Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espírito da contradición

lunes, 04 de diciembre de 2017
Esprito da contradicin No ser humano aniñará sempre o espírito da contradición. Sempre. E temos exemplos para darlle cun sacho.

Baduamos, esbardallamos continuamente contra as medidas dos Gobernos e á hora da verdade dámoslles maiorías absolutas. Non podemos ver ós cataláns e, non obstante, non deixamos que se larguen. Non podemos ver ós ianquis e estamos asumindo todas esas festas de consumismo coas que nos bombardean.

Dicíao o outro día: non podemos ver ós musulmáns e durante este mes ímoslles pedir o voto en Cataluña (si, é verdade, isto case non é espírito da contradición; isto é espírito da comenencia).

Anda polas redes sociais unha viñeta ou como lle queirades chamar na que se di que a luz sobe polos catro costados, ou sexa, porque chove, porque non chove, porque vai sol, porque non vai sol, porque vai frío, porque non vai frío, porque hai crise, porque hai superávit, e resulta que á hora da verdade, imos de paspáns á Praza Maior (si, vale calquera praza maior) a aplaudir o acendido da luz de Nadal, ou da árbore natalicia un mes antes (ou máis) do 24 e 25 de decembro.

Cada vez estou máis convencido de que non tardaremos moito en inaugurar o acendido da árbore ó acabar as Novenas dos Milagres, é dicir, o día 9 de setembro. A gastar luz, que é barata! E se non é barata, facemos unhas manifestacións e ó acabar gabamos a fermosura das rúas das vilas e cidades. Pero, que nos está a pasar! Ríllannos as asaduras e nós aplaudimos, róubannos os cartos descaradamente e nós sacamos fotos todos contentos. Espírito da contradición. Acaso non chegaba con alumear as cidades unha semana antes do Nadal? Pero que dis, home; iso é ir en contra da lóxica. Pois xa que os iluminados se adiantan tanto, eu tamén me vou adiantar (por se me esquezo en días vindeiros): bo Nadal a todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES