Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pan debaixo do brazo

jueves, 19 de julio de 2007
Zapatero sacou un as da manga cando no debate sobre o Estado da Nación anunciou que tódolos nenos nados desde entón en España traerían baixo do brazo dous mil cincocentos euros, como axuda á natalidade.

Especúlase agora con que esta axuda sexa extensiva a tódolos que naceron no 2007, para evitar agravios comparativos, e que unha medida que senta tan ben nas familias novas, nalgunhas cos mesmos méritos agás o do calendario poida resultar contraproducente electoralmente.

Porque este é un camiño electoral comezado polo Presidente do Goberno, que seguro tentará ser mellorado por outros gobernos ou institucións, que ven a rendibilidade social dunha medida de innegable xustiza.

En Galicia, camiñando por camiño xa feito, a Xunta vai conceder ata 3.600 € ós pais que reduzan a súa xornada de traballo para cuidar dos seus fillos de menos de tres anos. Afecta somente a traballadores por conta allea que reduzan a súa presencia na empresa un máximo da metade da xornada.

A intención é boa, porque fomenta o cuidado dos nenos polos seus proxenitores, pero algo terán que dicir no tema as pequenas e medianas empresas que teñan traballadores nesa circunstancia que, así mesmo, deixarán de percibir o soldo na proporción da reducción solicitada.

A lóxica parece indicar que as empresas contratarán temporalmente traballadores que substitúan ós de xornada reducida. E que a menor percepción será sobradamente compensada polo incentivo da Xunta.

Coas dificultades inherentes a toda medida nova, comezamos a andar un necesario camiño que nos leva a apoiar a unidade e convivencia familiar fomentando a natalidade con medidas axeitadas ó tempo e ó país, que só beneficios sociais poden proporcionar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES