Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Vilalba, a Pena Grande

jueves, 30 de noviembre de 2017
Chámame a atención, ao ver algún ben que en tempo foi público e está agora en mans privadas, a oscura evolución dunha propiedade que, nalgún momento, pola forza ou polo paso do tempo, cambiou de propietario. Ocórreme cando un castro aparece nunha finca particular, cando nunha finca aparecen medorras castrexas ou sepulcros medievais, ou os restos dunha antiga cidade aparecen onde alguén vai construir séculos despois.

E pensamos que estas aberracións só podían acontecer no pasado, cando poden seguir ocorrendo agora mesmo.

Se alguén non o remedia, o próximo día 15, Hacienda vai vender unha finca de 35.512 m2 sita na vilalbesa parroquia de Santaballa, cun precio de 7.785,66 €. Trátase dunha masa rural constituída con propiedades de titular descoñecido, procedente da Concentración parcelaria desa parroquia.

Cando se descobren propiedades de titular descoñecido, e pasa un tempo prudencial, procédese á subasta da finca por parte do Estado, e normalmente non pasa nada, porque os propietarios ou desapareceron, ou non saben que o son, e polo tanto esa propiedade cédese a un propietario coñecido que a poña en valor.

Pero neste caso resulta que dentro da propiedade que Hacienda quere vender, está o valioso xacemento arqueolóxico de Pena Grande, cun albergue baixo a pena onde se refuxiaban hai arredor de 16.000 anos os cazadores nómadas da comarca, sabéndose que uns miles de anos despois tamén estaba habitado.

Un lugar coma este nunca pode ou debe ser cedido a un particular para que o explote, senón que ten que ser de titularidade pública para investigación e posta en valor, especialmente tendo en conta que Vilalba ten un importante Museo arqueolóxico chamado a beneficiarse do que deste xacemento se obteña. Precisamente o fundador deste Museo, o médico-arqueólogo Jose Ramil Soneira, hai uns anos, descubriunos aos participantes nun Congreso da Terra Chá, o singular valor deste xacemento.

Está a punto de cometerse unha gravísima agresión á nosa prehistoria, e ás propiedades públicas de Vilalba. Agardemos que a cordura se impoña nun tema que ninguén no seu sano xuizo debera plantear, e que Hacienda se decate de que o propietario da Pena Grande non é descoñecido, senon que somos todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES