Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de Nadal

jueves, 30 de noviembre de 2017
Na espiral do tempo a tradición marca ciclos, celebrados con festas de orixe agraria. O Nadal é festa estacional de inverno: auga, lume de sol, terra e aire, de sempre foron considerados principios da vida… O tempo de neves, pecha e abre o novo renacer. O 21 de decembro acontece o solsticio de inverno: nova declinación do sol; a noite mais longa do ano, o día mais curto.

Nas casas artéllanse proxectos de anovación; mais aínda no pasado, cando as casas significaban tanto: o necesario refuxio para a invernía, sen outros medios de diversión que a conversa, os cantares e os contos ó lume da lareira.

A parroquia era o lugar de encontró para todo acontecemento; as campás eran como a voz comunal: pregoaban as ledicias e tamén as mágoas. O ciclo, milagre que supón a vida-morte-vida; o paso obrigado polas catro estacións do ano, foi celebrado sempre con fitos que son festas. Cada relixión apoderouse de vellas costumes, asimilounas e reconverteunas; pero tamén puxo os seus argumentos e outros novos símbolos. Cada época vai deixando algo de sí neste herdo que ven do pasado, pasa por nós e continúa para o futuro…

A Igrexa acolleo a significación destas festas mais antigas no duedenario místico; eses doce días de Noiteboa a Reis, o tempo de Nadal, tan cargado de senso relixioso, onde se celebra, fundamentalmente, o Nacemento e a Familia.

Ese sentir espallouse pola cristiandade, trasladando as datas do nacemento de Cristo a este período que pecha e abre o ciclo do almanaque: Noiteboa, Nadal, Santos Inocentes, San Silvestre, Aninovo e Reis.

Na noiteboa as familias xúntanse na casa materna; prepárase a mesa como sacro altar do encontró, por eso ten connotacións de ledicia e de fondas nostalxias; remata o ciclo cos Reis Magos. Na súa véspera grupos de nenos/as cantan villancicos. Volta a ser xornada familiar, e intercambios de agasallos; o xantar e a cea convocará a todos arredor da mesa, será a despedida do Tempo de Nadal, que desexamos moi feliz para amigos/as e lectores/as.

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES