Volver ás raíces
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de noviembre de 2017
Unha das ventaxas de ir acumulando anos é que tes moitas experiencias vividas.
Tantas experiencias e tan variadas que unha mesma se queda abraiada de como cambia todo ó longo da vida dunha persoa.
Estes días estou repasando como era a vida na década dos anos sesenta do século pasado para preparar una entrevista con universitarios dunha universidade mexicana.
Parece mentira.
¡Cómo cambia a vida!
A infancia da miña época tiña moitísimo respecto ás persoas, ós costumes, ás normas establecidas
O RESPECTO CARA ÁS PERSOAS MAIORES ERA SAGRADO:
-Cedíaselles o paso porque o feito de ter nacido antes, xa era un grao.
Hoxe en día aínda queda quen sabe garda-las normas de cortesía; pero xa non é habitual.
-Reservábase o mellor sitio na mesa para os avós, porque eran os cabezas de familia.
Hoxe en día os avós xa non é habitual que vivan na mesma casa.
Bótase man deles cando se precisan para coidar dos netos mentres os pais traballan.
E cando xa non poden ser útiles nin defenderse por si mesmos
Se a súa economía llelo permite, collen unha persoa para os seus coidados e se non
¡Para eso están os servizos sociais!
(Hai excepcións
)
-Tratábanse de vostedeás persoas maiores, ó profesorado, ó medico, ó cura
. porque tiñan una autoridade especial con relación á infancia.
Hoxe: de ti a ti porque hai quen di que todos somos iguais.
Claro que todos somos iguais en dignidade, pero cada un no seu sitio. ¿Non si?
-Ás persoas maiores cedíaselles o asento no autobús,na consulta do médico, en calquera lugar público porque era propio de nenos e nenas ben educados.
Agora colle asento o primeiro que chega.
Certo que a todos nos gusta estar cómodos; pero
¿Non hai diferencia entre un novo e un ancián, una persoa sa e outra cunha discapacidade física?
¿Non podemos calquera de nós vernos nesa situación de indefensión?
¿Hai alguén que conserve a eterna xuventude?
-Cando vías una señora embarazada
tíñase moita consideración con ela e desexábaselle unha hora pequena.
Hoxe xa non se ven aqueles detalles.
-O entrar e saír da escola saudábase á mestra ou ó mestre desexándolle un bo día e que seguira ben.
Actualmente sei dalgúns mestres que son eles os que saudan a ver se algún alumno ou alumna se decata; pero nada de nada
Eso é historia pasada.
-Xeralmente poñíase unha fila á hora de entrar e de saír.
Hoxe: todos a una como en Fuenteovejuna
¿Son máis humanos estes comportamentos?
Non sei; pero moi diferentes, si.
-Co cura e co médico, facíase o mesmo.
Actualmente saltámonos varios pobos, como se nada pasara.
Ata hai quen se atreve a dicir que:
Para eso lles pagan.
Pois
a verdade é que non lles pagan por eses motivos.
Pero como: hai de todo na viña do Señor; tamén hai que oír de todo neste mundo que nos toca vivir
Naqueles tempos dicíase que O cortés non quita o velente
Hoxe hai quen se quere facer tan valente que se salta as normas básicas de cortesía.
¡NIN QUE A CORTESÍA ESTIVERA REÑIDA COAS NORMAS DE URBANIDADE!
Certo que había unha distancia moi grande entre superiores e subordinados.
Tanta que ata penso que os superiores se aproveitaban da debilidade.
Eso tampouco é cosa boa.
Nese sentido, penso que melloramos; aínda que abusos haber, hainos en tódolos tempos.
Hoxe en día:
-Quere mandar máis o alumnado que o profesorado.
-Algúns doentes queren saber máis que o propio médico.
A veces aínda se ameaza ou denuncia a estes colectivos ós que tanto lles debemos.
¡Quién nolo diría!
O trato que reciben as forzas de seguridade, a veces, é bastante inxusto e desproporcionado.
Poucas persoas pensan que están aí, principalmente, para velar pola nosa seguridade.
Co clero, noutrora venerado; hoxe en boa parte ignorado.
¿Por que se perderon boa parte dos bos modais?
¿Tan mal educados eramos fai sesenta anos?
¿Non son as normas de urbanidade, valores válidos para tódolos lugares e para tódolos tempos?
¿DE QUEN SOMOS FILLOS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora