Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manada de indecentes

miércoles, 29 de noviembre de 2017
É curioso que haxa festas nas que xa se presupoñan agresións. É patético que unha sociedade democrática acepte que haxa certos individuos que vaian a esas festas dispostos a agredir. É denigrante que unha vítima sexa unha, dúas, tres, catro, infinitas veces vítima, sufrindo o xuízo dos medios. Ás veces, dá a sensación que os verdugos teñen a razón soamente por gozar de altofalantes de maior potencia. A pesar de todo isto, existe obxectivamente a lexítima posición e máis que a lei impona a moralidade e aí esta manada de presuntos cromañóns non ten defensa posible.

O problema non é esta manada senón a manada que ao longo da historia provocou e provoca este tipo de sufrimentos ás mulleres. O problema é que este delito suca as xeracións sen ningún tipo de barreira nin impedimento e a historia está chea de aldraxes de tipo sexual que supoñen introducir camiños vitais en desertos de silencio. Logo o problema é a educación porque só ela pode conseguir a consciencia necesaria para un cambio global no que sexa a sociedade quen esixa de xeito implacable reprimir e castigar este tipo de condutas.

Este cambio social é o mesmo que ten que fomentar relacións de parella baseadas de xeito radical na liberdade. Cando digo radical digo que ou son libres ou non teñen razón de ser. Quizais aquí está a base do problema, na posesión que se dá por feita coa fidelidade. A fidelidade é un pacto entre dous iguais; polo tanto, onde hai posesión non hai fidelidade porque múdase un pacto horizontal por unha relación vertical. Cando a fidelidade se traizoa libremente as partes deciden o camiño; pero, nunha relación vertical ao non existir partes, unha delas exerce o seu poder sobre a outra.

Este modelo vertical leva a moitos a arrogarse o dereito a “posuír” e aí bota por terra toda a loita e a educación para a igualdade. A razón está do lado da liberdade e da democracia, da educación que fomenta o amor libre. A mesma razón que desexa o mellor á vítima destes supostos indecentes, que se descubra a verdade e que paguen sendo arredados da sociedade ata que aprendan a convivir civilizadamente.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES