Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medios por partida dobre

domingo, 26 de noviembre de 2017
A desgraza do submarino arxentino e o atentado en Exipto foron dous acontecementos que xa tiveron abondo difusión nos medios escritos e falados. Así é que opto por buscar algunha outra cousiña que poida denunciar. Porque si, porque sempre me gustou denunciar aquilo que penso que está moi mal, aínda que doa. As verdades xa sabemos que doen. Ademais, de algo ten que valer o estar considerado a ovella negra. Así é que, ale, a atacar: Bruselas quere enviar os seus propios medios de loita contraincendios a Galicia. Para que? Se nin tan sequera saben onde queda Galicia. O único que nos tocará será pagar o dobre (polos medios nosos e polos medios de Bruselas) e, despois, xa veredes, por uns e por outros, polo si e polo non, a casa sen barrer, ou sexa, o monte a arder.

O Congreso aprobou o novo Cupo vasco e o noso presidentiño Feijóo pide que se explique “con claridade” ó resto de presidentes. Parece mentira que non consiga ver el esa claridade, cando a temos sempre diante dos ollos: que Galicia e o cu do mundo. Claro que, a el, que máis lle dá. El está máis pendente de entrar “con claridade” na conquista de Madrid que da súa propia terra. O que digan alá está ben dito. Para que vou encirrar máis? Para que me vexan mal?

Sei que hai detractores do Black Friday polo que simboliza da febre consumista. Así é que por esa beira non digo nada. Eu atácolle ó propio nome. Acaso Venres Negro non ten as mesmas dúas palabras? Por que os medios de comunicación nos bombardean co inglés. Por que eses que tanto medo lle teñen ó galego non atacan da mesma maneira os anglicismos, que están acabando cos dous idiomas nosos? Os anglicismos si van acabar co castelán e non o galego. Listos, que sodes uns listos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania