
Entramos num intenso remate de ano poetico da NPG Nova Poesía Guitirica que o día 25 de novembro publicará para descargar a edición dixital dos poemas contra a violéncia machista en www.culturaliagz.com, o día 29 Fátima Fernández na gravación dun programa poético para a rádio en Lugo, o dia 2 de decembro entrega de prémios do #CertameVilariñas, 2017 e xa no mês de decembro dúas convocatórias, a do #CertameVilariñas 2018 e #PoemasPenduradosDeFarolas 2018 co lema está edición de "Lumes Nunca Máis". Tamén o 22 de decembro, Antón de Guizán e Fátima Fernández participarán no Recital Solidário de Vilalba no que xa participou a NPG o pasado ano. Sin dúbida, o grupo poético criado hai dous anos coincidindo co 25 cabodano do pasamento de Díaz Castro, vai camiño de asentarse no tempo. Dous anos nos que medraron as actividades e as iniciativas e tamén o próprio grupo ao que se teñen animado 5 nov@s poetas a aqueles oito do início. Un movimento poético local que cada dia conta con mais seguidores nas redes e con mais demanda para a presenza en recitais e actos. Unha homenaxe viva ao poeta do Vilariño, coa poesía como causa e Díaz Castro como verdadeiro "culpábel" desta criatura. Longa vida á NPG e longa vida tamén á poesía!!