Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parches nunha roda

jueves, 23 de noviembre de 2017
Dende a distancia -Cantabria, o paradigma, xunto con Asturias, do turismo natural- leo que os meus concellos veciños da denominada Baixa Limia, é dicir, Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños, inician un novo programa de cooperación europea, ó abeiro da Reserva da Bisosfera da que forman parte os parques do Xurés e do Gerês, para desenvolveren xuntos iniciativas de promoción turística sostible, mellora do patrimonio cultural e natural, posicionamento exterior do parque, concienciación da poboación local e outros, en colaboración cos municipios limítrofes de Portugal, a saber, Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terras do Bouro e Montalegre.

Leo isto e ó mesmo tempo que me felicito pola feliz consecución de fondos europeos para este territorio transnacional e para este fin, véñenme de súpeto á idea outras informacións semellantes relativas a anteriores programas europeos como o das Portas do Xurés-Gerês que con maior ou menor éxito de xestión se teñen levado a cabo a un e outro lado da raia seca e acéndeseme a luz da preocupación por dúas razóns certamente obvias, pero que paso a describir de contado.

Sen pretender poñer en solfa, nin moito menos, o contido do proxecto, que loxicamente descoñezo no tocante á súa letra pequena, quédame a incógnita -que en todo caso ha despexar o futuro- de se non será un máis dos moitos investimentos que se reparten por cota institucional e que logo serán xestionados como departamentos estancos, como ten acontecido noutras iniciativas anteriores e fago votos porque non sexa así.

Pero sobre todo quédame preocupación porque de novo constato que se volve cometer o erro de non contemplar o espazo de actuación como unha unidade territorial en si mesma, cousa que resulta imprescindible para lograr ese posicionamento turístico exterior, e témome, polo tanto, que unha vez máis tódolos esforzos humanos e económicos que se leven a cabo non acaden o resultado de globalidade que deberían acadar.

Como teño escrito neste mesmo espazo tantas veces, para poder desenvolver turisticamente a Baixa Limia con opcións de futuro, resulta imprescindible contemplar como territorio único as dúas bocarribeiras do Limia no curso medio e do Arnoia, no medio e final. É dicir, resulta vital conxugar o turismo etnográfico e natural que atesouran os concellos que tocan literalmente a raia, co turismo cultural que simboliza o conxunto monumental de Celanova como paradigma da comarca á que esta vila lle cede o nome.

Polo tanto, en canto isto non aconteza, todo canto se faga non será máis ca ir poñendo parches -caros- nunha roda que xamais se poderá inflar.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES