A opción e a obrigación
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de noviembre de 2017
Din que primeiro é a obrigación e despois a devoción.
Penso que teñen moita razón, aínda que -ámbalas dúas- teñan algo en común; pero unha cousa é a devoción e outra -ben diferente- é a obriga.
Esta última: obriga.
Pero non sempre podemos levar a cabo aquelo que consideramos necesario, oportuno e obrigatorio; a ninguén se lle pode pedir que faga máis do que alcanzan as súas posibilidades.
Eso si: toda persoa en condiciómns normais ten unhas obrigacións que cumprir.
Hoxe en día é habitual esixir dereitos e máis dereitos; de feito moitos deses dereitos está recollidos nas leis; pero parellos cos dereitos van os deberes.
OS DEREITOS E MÁIS OS DEBERES SON DÚAS CARAS DUNHA MESMA MOEDA.
Por exemplo: tódolos españois temos dereito a unha vivenda digna, según o artigo 47 da nosa Constitución.
Natural que todos precisamos dun espazo onde acobillarnos, onde ter a nosa vida privada, onde gardar os nosos recordos, onde vivir á nosa maneira, onde construír a nosa república independente.
Todos temos ese dereito recoñecido. Estupendo.
¿Pero cal é o deber correspondente?
Salvo unhas poucas persoas afortunadas que a herdan; o resto -que somos a inmensa maioría- temos o deber de alugala, comprala ou construíla según o noso caso particular.
Para alugala, comprala ou construíla, ademais de saúde física e mental:
¿Qué necesitamos?
Entre outras cousas: cartos, moitos cartos.
¿De onde sacamos os cartos?
Do noso TRABALLO HONRADO día a día, aínda que poida haber alguén que utilice outros medios menos recomendables.
¿Qué necesitamos para traballar?
-En primeiro lugar: saúde.
-En segundo: ganas.
-En terceiro: unha preparación axeitada para o labor que imos facer.
-En cuarto: non regatear esforzo.
-En quinto: ser honrado.
¿Onde conseguimos unha boa formación para ser un bo profesional?
No fogar, na escola, na formación profesional, na universidade, na práctica
¿Onde consegumos a capacidade de sacrificio e a honradez?
No fogar: desde o mesmo día do nacemento.
NO FOGAR É ONDE SE LABRAN TÓDALAS PERSONALIDADES.
¿Qué pasa hoxe en día en moitos fogares?
Que -en moitos casos- reina o descontrol, a irresponsabilidade, a desorientación
Ata hai quen vai por libre.
Así imos mal. Imos acabar mal.
¿Qué é o primeiro que temos que recuperar?
A SAÚDE MORAL NOS FOGARES
Conservar ou restablecer a saúde moral nos fogares é unha obrigación; que debemos facer con devoción, con predilección, como se dunha práctica relixiosa se tratase.
¿Non é sagrada a nos propia vida?
¿Non é un lugar sagrado o noso fogar?
Dun xeito ou doutro, todos temos unhas obrigacións que cumprir, se queremos que a nosa vida leve a bo porto.
Saltarse a lei é unha opción; pero ten as súas consecuencias: é peor o remedio que a enfermidade.
SEMPRE É BO MOMENTO PARA REFLEXIONAR E VOLVER ÁS RAÍCES.
VOLVER ÁS RAÍCES
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas porterme na súa consideración, nesta ocasión e por cumprir relixiosamente coas súas obrigacións.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora