Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ignorancia infeliz

martes, 17 de julio de 2007
Xeralmente, os do meu tempo somos ignorantes en política. Nacemos nunha dictadura sen sabelo a pesares de cursar aquela “maría” titulada “Formación del Espíritu Nacional” que aprobabamos apoiados rotundamente por un certificado expedido polo Xefe Local da O.J.E., á que naturalmente pertenciamos.

Nesa ignorancia bendita en temas políticos, na que poido tranquilamente morrer porque non aprecio que ninguén teña interese en contarme as cousas con claridade, atopo ás veces dilemas que non consigo dilucidar, quizais porque non lles poño abondo interese.

Neste caso, trilema. Dunha banda, Psoe e Bng chegaron a un acordo de gobernabilidade para a Xunta de Galicia, que na práctica se trasladou a diversos concellos, onda xa está funcionando esta nova etapa política.

Doutra, Concello de Lugo, onde Psoe e Bng non se poñen de acordo en nada, deixando a situación nun sin vivir.

E, por fin, a Deputación de Lugo, onde xa na segunda reunión Psoe e Bng se poñen de acordo nos temas básicos, chegando á sesión de constitución coa tranquilidade de comezar ben o novo tempo que empeza.

Que ten o Concello de Lugo que non teña a Xunta e a Deputación, ou viceversa?. Son as institucións ou as persoas? Son os negociadores ou os negocios?.

Sempre se pensou que a ignorancia produce felicidade. No meu caso, non. Esta bendita ignorancia conxénita, nunca alterada, non me deixa tranquilo e moito menos feliz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania