Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E a ti que che importa!

miércoles, 22 de noviembre de 2017
Son as 11:45 e acabo de chegar á casa despois dunha mañá de papeleo. Veño cabreado por un simple feito: en Abanca, esperando a ser atendido xunto coa miña asistente persoal, unha señora impertinente empeza a preguntarlle “¿qué le pasó al pobre chico? ¿es de nacimiento o que le pasó?” Educadamente respóndelle que iso non se debe preguntar e suxírelle que fale comigo directamente e ela di que non, que non lle vou entender; a miña ap tenta explicarlle que non é así, ao darse conta de que entendín todo a señora arrédase de nós, cabreada.

A resposta exacta a todos estas persoas que se acercan a nós con certo morbo, ten que ser cortante porque nunca hai boa intención neste acercamento. Imos quedar por maleducados, asumo ser un maleducado pero eu non vou parando pola rúa a xente que leva gafas para preguntarlle se é miope ou ten astigmatismo, simplemente vivo e deixo vivir. Polo tanto, fai falta inculcar educación a este respecto porque a vida non é un Sálvame Deluxe.

Neste caso a resposta ten que ser cortante, por iso: e a ti que che importa? Agora ben hai dúas maneiras de acercarse: a descrita é puro morbo, polo tanto non merece outra resposta . A segunda maneira tráeme ao recordo os meus tempos de Monforte na oficina de Carude que estaba en fronte da capela de San Lázaro onde un vello portugués pasaba as horas paseando. O home poñíase na nosa porta, saudábanos amablemente e botaba un anaco grande mirando para nós. Un día saímos ao café e preguntou que foi de accidente ou de desastre? Non soubemos que contestar pero si que naquel home non había unha intencionalidade perversa. Tamén podemos falar dos nenos que con toda a súa inocencia preguntan e a resposta debe ser explicativa para que os introduza nunha realidade que teñen que coñecer, comprender e por que non? apoiar.

A diferencia entre unhas actitudes e outras é abismal, radicando en traer limpeza nos ollos ou morbo nas veas. Pois ben, considero igual de pedagóxico contestarlle ao neno ou ao meu querido portugués que cortarlle de xeito tallante á señora citada dada a intencionalidade perversa e o desinterés por coñecer a realidade. Só unha mente aberta merece todas as respostas, unha mente capaz de comprender que a vida é moito máis que un Deluxe.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania