Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Patroa da música

miércoles, 22 de noviembre de 2017
A música, que se define como “a arte de combinar os sons co fin de expresar emocións e sentimentos”, ten as orixes na mesma Natureza, pois ao principio era o son dos ventos silvando entre as canas de bambú.

Despois, cando o home conquistou o fogo, aprendeu a avívalo suavemente por unha cana; tal vez a primeira flauta nacera así, por casualidade. O home prehistórico utilizaba o corpo como instrumento musical: marcaba o ritmo golpeando o chán cos pés; batía palmas e sacudía colares e pulseras de ósos, de semillas e de cunchas, rodeándose de música para falar cos seus deuses como o fan aínda hoxe os indios Xingú do Amazonas.

Acéptase que a música naceu como canto; é decir, como o descobremento musical da voz humana, expresión artística tan perfecta que permaneceo, durante séculos, afastada de combinacións polifónicas ou acompañada doutros instrumentos.

Foi en Grecia onde se eleva á dignidade de Arte libre, ocupando lugar destacado filósofos e matemáticos se dedicaron á música, como exponente da vida humana. A cultura non é senon o espíritu dun pobo; e cando éste quere expresarse da orixe a aquello que “nace cando morren as palabras: a música, unha das poucas linguaxes universais que coñece a humanidade”.

Cando en 1584 en Italia se fundou a Academia da Música da Igrexa, foi nomeada Patroa, Cecilia de Roma, Santa Cilla; entón xeralizouse a súa veneración e hoxe existen por todas partes sociedades cecilianas que o vindeiro día 22 celebran o Día da Patroa da Música.

A tódolos amantes desta, desexamos unha xornada plena de armónica ledicia, pois, como dixera Cervantes : “ A música compón os ánimos descompostos e alivia os traballos que nacen do espíritu”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES