Quintana e A Fala
Editorial - martes, 17 de julio de 2007
Se vivise Fole, proclamaría de novo con toda a razón aquela súa frase gloriosa de A fala é o que se fala.
En Extremadura, no val de Xalima, falan A Fala, un idioma que o goberno extremeño non quere que sexa galego pero que se asemella á nosa lingua como dúas gotas de auga limpa entre si, e mesmo o Vicepresidente Quintana fixo constar o impacto emocional que sentiu ó comprobar o parecido do idioma, dos costumes, da vida dun recanto tan lonxano de Galicia.
No mellor exercizo da política, Quintana falou da Fala sen facer fincapé na súa galeguidade, asegurando que só ó goberno extremeño compete gobernar os destinos desta expresión xurdida da noite dos tempos para constituir unha demostración máis de que Galicia non ten fronteiras.
Quintana foi limar as asperezas que puideran terse producido cando un deputado nacionalista se pronunciou sobre o galego que se fala nun exterior relativamente cercano.
Só lle faltou a Quintana dicir aquelo de pero móvese referido á terra, ou pero fálase, relativo á Fala. Non será galego, veu dicir, pero como se lle parece e que bonito é!.
Políticas aparte, o Val de Xalima fala galego. E eso é para nós unha riqueza infinita que os nosos gobernantes teñen que recoñecer, manter e potenciar. Aínda que teñan que dicir de dentes para fóra que non é galego. Que a historia e a vida se encarguen, agora e sempre, de dicir o que é.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora