Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Verán aloucado!

viernes, 13 de julio de 2007
DENTRO, fóra e á beira do Camiño. Dos camiños de Santiago e da vida. Abondan as historias. As que nos falan, a cotío, de violencia de xénero, de ameazas de ETA, de liortas sobre a Educación para a Cidadanía e mesmo da climatoloxía dislocada



Ollando para a Terra, tarda a calor, aprázanse os incendios, aumentan os atropelos de anciáns e accidentes laborais. Prométennos a banda ancha para todos/as e a redución das listas de espera na S.S.e medran os divorcios. Nisto, xa estamos á cabeza de Europa.



Por outra banda, en Lugo estamos a ser testemuñas de cambios: Na Deputación e coa estrea de novos gobernos municipais con máis oportunidades para pór en práctica unha democracia máis 0participada. Non obstante, abondan sinais de que hai mais présa en se repartiren poder e soldos que en pór remedio aos problemas de vida cotiá. Ou en botar a andar, para que sexa crible, o tan cacarexado Plan de Reequilibrio da Galiza interior, o mundo das xa moi despoboadas terras da Montaña. De Fonsagrada ao Caurel con Navia, Cervantes, As Nogais, Pedrafita e Triacastela polo medio. Nin cheiro a investimentos.



Esta ben que nos camiños de Santiago (Xacobeo/Industria) se invistan 33 millóns en obras (execución ou tramitación) e se apuren os traballos da autovía Lugo/Monforte. Ao mellor para fuxir máis axiña e rápido se non se fai algo serio para fixar a poboación.

Ao arredor do Camiño hai moitas vellas e novas historias que tentaremos ir debullando perante o verán. ¡Que non resulte demasiado quente por mor dos incendios!.¡Sorte!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES