Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juego de reinas

miércoles, 15 de noviembre de 2017
Pablo Núñez fíxonos agardar ben tempo por esta súa nova obra -JUEGO DE REINAS-, pero valeu a pena para sorprendernos de novo cunha creación extraordinariamente orixinal, tremendamente dinámica e forte, á altura de calquera best seller editorial, que publican autores de nomes sonoros, acompañados dunha invasiva publicidade.

Sorprendeunos ben mozo Pablo en 2006, con Las Hijas del César, libro universal e xenuinamente lucense, centrado no vencello do Lucus Augusti coa civilización romana, que elevou o protagonismo da nosa cidade a moi alto lugar, sendo elixido un dos dez mellores libros que aquel ano optaron ao premio Planeta. Desta obra viron a luz numerosas edicións, en castelán e galego, sendo libro de referencia para nós, e para todos os que sintan de preto o vencello que Lugo tivo con Roma, e ten coa romanidade.

No 2010, publicou Ladrones de historia, un drama ambientado na Guerra Civil sobre o perigo sufrido polo patrimonio artístico nun tempo desgraciado para o noso país.

E agora, con Juego de reinas, Pablo Núñez volve novelar anacos da nosa lexendaria historia, fabulando sobre o que foi ou puido ser dun xeito maxistral, sobre tempos nos que aínda non existía o gran imperio foráneo que conquistaría Europa, e vivían violentos e libres, no que hoxe chamamos Rubia Albión, Verde Erín, ou gran Gallaecia, cunha natural unidade de orixe, costumes, tradicións, crenzas, vencellados sempre ao mar como aventura, sempre asentados na terra como raíz, destino; fin e principio.

JUEGO DE REINAS é unha aventura lonxana no tempo, cercana nos sentimentos; sobre as nosas máis vellas raíces; onde nos sentimos reflectidos os que nos asombramos diante do poder da natureza, da forza da tradición, da presión do misterio… onde podemos sentir a atracción polos lonxanos devanceiros, e onde nos parece que podemos afirmar: Eu merezo ser dunha raza forte que por forza tivo que ser así. Pablo Núñez, en JUEGO DE REINAS, ofrécenos algo grande. Xa nos ten afeitos a iso. Pero sempre é unha sorpresa atopar unha epopeia nórdico-galega que nos vencella co antonte, e nos fai máis agradable o presente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania